luns, 31 de marzo de 2014

DÍA DA POESÍA + DÍA DE ROSALÍA + DÍA MULLER TRABALLADORA

Aproveitando que no mes de marzo está cheo de conmemoracións, o equipo de biblioteca decidimos reunilas todas nun mesmo día. 
Así o pasado 21 de marzo xuntámonos todos na biblioteca para:



- Escoitar a algúns compañeiros recitando poemas de Rosalía de Castro e de outros poetas.




 -Repartir uns agasallos a todas as titorías que participaron no biblioxogo e a algúns nenos/as que foron elixidos por sorteo.





  

 

 

-Finalmente cantamos a canción SEMENTANDO IGUALDADE, composta e musicada por Daniel Rodríguez, o mestre de música.




Sementando igualdade

Sementando igualdade todos xuntos dunha vez
As mulleres e o traballo xuntos ten que ser
Sementando igualdade todos xuntos dunha vez
Se sementas igualdade mellor vas a ser

As mulleres teñen sitio nesta sociedá
Ocupade os vosos postos xa