Dende o Equipo de Biblioteca organizamos as seguintes actividades para desenvolver durante o 22 e 26 abril, con motivo da celebración do día do libro. 
1) HOXE CONTA …… 
Nas aulas de Educación infantil invitouse ás familias a vir ao cole para contarlles aos nenos e nenas da
aula o seu conto favorito e nas aulas
de primaria serán os nenos e nenas os
que traerán á aula o seu conto preferido e o presentarán, lerán,
contarán,... aos seus compañeiros e compañeiras.
2)  AMADRIÑAMENTO/APADRIÑAMENTO
LECTOR.
O alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria contarán
contos  a nenos e nenas de
infantil e 1º de primaria durante o tempo do recreo en distintos  lugares do recinto escolar. 
3) MARCAPÁXINAS
CONMEMORATIVOS.
O día 23 repartirase a todo o alumnado os marcapáxinas enviados
dende Bibliotecas escolares e os deseñados polo equipo de biblioteca.
4)   COMPARTE AS TÚAS LECTURAS.
Seguro que algunha vez
collestes un libro e desde que  empezaches
a ler e non te despegaches del ata que o acabaches. Se cadra  foi porque era moi divertido, ou
contaba unha historia real que te fixo chorar, ou porque o protagonista lle
pasaban as mesmas cousas que a ti..... Sexa cal sexa a razón seguro que llo
recomendarias a outros nenos e nenas para que o leran. 
Os alumnos que o desexen
cubrirá unha folla do libro na que contarán que libro foi, farán comentarios,
suxestións,...
5)   MELLORES LECTORES E LECTORAS.
O equipo de biblioteca
consultará a base de datos e elaborará unha lista dos máis lectores e lectoras do cole.

