MES DE MAIO: O MES DAS LETRAS GALEGAS
Este ano o autor homenaxeado é
UXÍO NOVONEYRA
Poeta galego nacido en Parada de Moreda, Courel. Fillo dunha familia de labradores, a súa terra natal será o principal referente físico dos seus versos. En 1955 comeza a súa aventura poética con Os eidos, cós que comeza un ciclo que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade na que exerceu o seu cargo de presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ata a súa morte en 1999.
Outros libros seus son, Libro do Courel (1981), Poemas caligráficos (1979), Muller pra lonxe (1987), Do Courel a Compostela 1956-1986 (1988), Poemas de doada certeza (1994) y Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas (1998).