xoves, 18 de febreiro de 2010

BIBLIOTECAS VIRTUAIS

Na barra da esquerda engadimos unha lista de Bibliotecas dixitais e de seguido ofrecémosvos algunhas das súas características:

Gutenberg, é quizais a biblioteca máis popular de Internet cun amplo catálogo de milleiros de libros dispoñibles para descargar.

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, é a biblioteca máis popular en español. Non permite descargas de autores clásicos, só lectura páxina a páxina en pantalla.

Biblioteca Virtual EUMEDNET, conta con máis de cincocentos libros de Economía, Dereito e Ciencias Sociais. Poden descargarse gratis e sen necesidade de rexistrarse a texto completo en formato DOC ou PDF ou lerse en pantalla como páxinas web.

Biblioteca Virtual Estremeña, na que atoparemos máis de 600 arquivos dixitalizados sobre Extremadura.

Biblioteca Virtual de Saúde, é unha rede de descentralizada de fontes e servizos de información en América Latina e o Caribe.

Biblioteca Virtual de Saúde de Cuba, integrante da rede de América Latina e o Caribe e que é parte de Infomed , o Portal de Saúde de Cuba.

Biblioteca Dixital Cidade Seva, a máis importante colección de contos clásicos, en calquera idioma. Dende Esopo ata Juan Manuel, desde Boccaccio ata os clásicos do século XX. Milleiros de contos que se poden ler en pantalla, descargar ou imprimir.