venres, 29 de maio de 2015

TRENZAS


É un proxecto, no que as diferentes manifestacións artísticas están moi presentes: escultura, graffiti, teatro, pintura,..., que desenvolvemos ao longo de todo o curso cun colexio de Lleida e outro de Valencia.

Algunhas das dinámicas, exposicións,... desenvolvéronse na biblioteca e noutras participou o equipo de biblioteca. Premendo nas imaxes e coñecerás algunhas delas:




FAMILIAS CONTACONTOS!!!

Con motivo da celebración do día do libro, o 23 de abril, algunhas titorías decidiron convidar ás familias para que viñesen ao colexio a contarlle un conto,... aos seus fillos e compañeiros.
Foron moitas as familias que durante o mes de maio se animaron, dende o Recanto de Honorata agradecemos a súa participación e agardamos que gozasen da experiencia.

Aínda que viñeron moitas, aquí vos deixamos unha pequena mostra:







domingo, 17 de maio de 2015

17 de MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.


Esta celebración foi instuída en 1963 pola Real Academia Galega, que se encarga de de escoller cada ano un persoeiro,  para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego oun pola súa defensa. 
A data de celebración, o 17 de maio, débese a que tal día como ese en 1863, publicouse en Vigo, o primeiro exemplar da obra Cantares galegos de Rosalía de Castro, que marcaría o renacemento do Rexurdimento cultural galego.

venres, 8 de maio de 2015

COMO FIARTE DUNHA PÁXINA WEB?

No blog da biblioteca do Ceip Sofía Casanova, atopamos este recurso que nos  ensina a aprender a valorar os contidos das páxinas webs, xa que non toda a información que atopamos é de fiar...

Dende o Recuncho de Honorata, parabéns polo traballo feito e grazas por compartilo.

sábado, 2 de maio de 2015

APADRIÑAMENTO E AMADRIÑAMENTO LECTOR

O día 23 de abril, como en cursos anteriores, celebrámolo co apadriñamento e amadriñamento lector no que os nenos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria lle contaban un conto aos nenos de infantil e 1º de primaria, no lugar do centro que lles gustase.

Aquí vos deixamos unhas fermosas imaxes do día:

mércores, 29 de abril de 2015

O ESPANTALLO AMIGO

Os nenos e nenas de 3º e 4º de educación primaria asistiron, o 22 de abril ao Auditorio Municipal de Ribeira,  á reprensentación teatral do Espantallo Amigo representada polos Quinquilláns.
Antes de ir os nenos e nenas traballaron a obra de Neira Vilas na aula, e ata fixeron un espantallo!!!!
Compartimos con todos vós unhas imaxes:








luns, 20 de abril de 2015

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO

 O mes de abril é un mes importante para todas as bibliotecas e a nosa non ía a ser menos, por iso estamos organizando o "Apadriñamento e amadriñamento lector",  que como xa sabedes de cursos anteriores, consiste en que os nenos e nenas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación primaria, lle len contos anos nenos e nenas de educación infantil e de 1º de educación primaria, no lugar do colexio que eles escollan.

Aproveitando esta celebración queremos compartir con vós o marcapaxinas que editou este ano a Xunta de Galicia e que acolle o texto da escritora María Solar: O libro que tes ao lado, que as titorías que o desexen poderán ler durante a hora de ler.

Premede no marcapaxinas .

REVISTA CRIATURAS

Nova revista xuvenil en galego ... pero dixital.

A revista Criaturas é unha publicación dixital dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. 
Aquí vos deixamos o número cero:

Na marxe esquerda deixamos un enlace para que poidades acceder a vindeiros números.

venres, 10 de abril de 2015

27 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

O pasado día 27 de marzo, visitou o noso centro a compañía de teatro "Entreliñas" para facer con todo o alumnado de primaria una función de teatro improvisado, na que os nenos e nenas foron aportando as ideas para desenvolver a trama.

 

mércores, 11 de marzo de 2015

EU SON ROSALÍA

Aquí vos deixamos o traballo feito polo alumnado de 3º de Educación Primaria sobre Rosalía de Castro