mércores, 20 de febreiro de 2013

APRENDER A BUSCAR NA REDE

Este material foi elaborado por dúas profesoras responsables das bibliotecas escolares dos seus centros: Olga Rodríguez do CEIP Milladoiro de Malpica e Charo Sánchez-Gabriel do IES Sánchez Cantón de Pontevedra. É unha ferramenta moi interesante e de calidade para aprender a buscar na rece con eficiencia. Dende o Recanto de Honorata,agracedemos a difusión deste traballo, parabéns.

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación.


Este ano cúmprense 150 anos da publicación da obra: 

CANTARES GALLEGOS.





De seguido tedes uns enlaces nos que podedes atopar información, xogar, escoitar,...

    - Fundación Rosalía de Castro (preme na imaxe).
    



-Real Academia Galega (preme na imaxe).


    - Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (preme na imaxe).
   
    -Alborada de Rosalía de Castro en youtube.

- Actividade Lim, elaborada polo CEIP Alexandre Bóveda. (preme na imaxe para xogar).

- Recursos en verde sobre Rosalía.

-Rosalía en verde. Actividade Lim, elaborada polo CEIP Alexandre Bóveda. (preme na imaxe para xogar).

mércores, 13 de febreiro de 2013

BENVIDOS/AS Á EXPOSICIÓN DE EXPERIMENTOS




Coa chegada do entroido, con alumnos e profes disfrazados de científicos e científicas, decidimos inaugurar a exposición de experimentos, organizada polo equipo de biblioteca, pero na que participou todo o centro, xa que cada titoría tiña a tarefa de preparar e traballar con un experimento para compartir co resto dos compañeiros e compañeiras, e co que puidesemos descubrir distintas propiedades da auga.


Como organizamos a inauguración?
Cada grupo tiña unha hora de comezo asignada e cando chegaban á exposición eran recibidos por unha científica que se encargaba de dirixir a visita. Para comenzar viamos unha presentación da presenza da auga en todo o mundo e nos seus diferentes estados, en segundo lugar facíamos unha visita guiada pola exposición e para rematar a científica proxectounos o seguinte vídeo do ciclo da auga.



Preme na porta e accederás á unha 
galería de imaxes da nosa exposición.



Estes son os experimentos que podedes facer:

  • Remuíño nunha botella.
  • A auga fría mestúrase coa quente?
  • Sacar unha moeda sen mollarse.
  • Medidas da auga.
  • Burbullas asombrosas.
  • Evaporación da auga.
  • Disolución.
  • A densidade da auga.
  • Flota ou afunde?

xoves, 31 de xaneiro de 2013

RECÉN SAÍDOS DO FORNO ...

OS BIBLIOXOGOS DO ENTROIDO

PARA EDUCACIÓN INFANTIL


PARA O PRIMEIRO CICLO


PARA O SEGUNDO E TERCEIRO CICLO


Os + de RedeLibros do 2012



RedeLibros, é unha rede social galega, que cada ano fai unha selección dos máis destacados na opinión dos lectores. Trátase dunha selección xeral de libros de produción galega.
Así, despois dunha primeira fase na que se propuxeron os candidatos nas distintas categorías, os membros de RedeLibros votaron nunha segunda quenda para seleccionar os e as gañadoras nos diferentes apartados.

Os gañadores dos máis destacados do 2012 foron:

- Editorial galega: Contos Estraños Editora.
- Obra literaria en galego: Os abismos da noite eterna I. O morador da fenda, de Roberto A. Rodrigues.
- Libro infantil e xuvenil en galego: O mundo secreto de Basilius Hoffman. Un faro na escuridade, de Fernando M. Cimadevila.
- Obra non literaria en galego: Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás.
- Banda deseñada en galego: Ardalén, de Miguelanxo Prado.
- Banda deseñada en castelán: El héroe 2, de David Rubín.
- Autor en galego: Agustín Fernández Paz.
- Autor en castelán: Miguel Otero Furelos.
- Ilustrador: Iván Valladares.
- Tradutor: Tomás González Ahola.
- Libro mellor editado: Abecedario das mantenzas, de Fausto Galdo (Xerais).
- Mellor proxecto ou evento cultural: Contos Estraños.
- Libraría: Cartabón (Vigo).
- Blog: Criticalia, de Armando Requeixo.
- Crítico máis destacado: Armando Requeixo.

venres, 25 de xaneiro de 2013

PARABÉNS PARA FINA CASALDERREY

UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA

RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

martes, 22 de xaneiro de 2013

AUGA NO ...

CORPO HUMANO


Este é outro dos murais que podedes ver na biblioteca, neste caso reflexa a presenza da auga no corpo humano, vai acompañado de datos curiosos e que podedes ler de seguido.
















EN MARCHA ...

Co inicio dun novo trimestre, volvemos a poñer en marcha o clube de lectura. Parece que os participantes no primeiro animaron aos seus compañeiros/as, porque este novo libro conta con máis lectores e lectoras.

O libro escollido nesta ocasión foi:

"UNHA BRUXA BEN RARA"


Escrito por CARLOS MOSTEIRO, este libro está publicado por edicións SM e 
pertence á coleción "Barco de Vapor, serie Vermella".

Agardamos que todos eles gocen coa súa lectura.




venres, 18 de xaneiro de 2013

A AUGA NA ...



Este é un dos murais, elaborado polos alumnos de 5º de educación primaria, que podedes ver na biblioteca, e nel reflíctese a presenza de auga no planeta terra.


Como se pode apreciar no gráfico que o acompaña, o planeta terra está composto case na súa totalidade por aula salgada, de ahí a necesidade de que empreguemos axeitadamente a auga doce, sen a cal non poderíamos vivir.


E no seguinte gráfico podemos observar que a maior parte da terra está cuberta de auga.



SELECCIÓN DE BIBLIOGRAFÍA RELACIONADA COA AUGA


 Na biblioteca temos un pequeno recanto no que imos colocando toda a bibliografía relacionada coa auga.