luns, 25 de maio de 2009

Honorata recoméndache.....

Como ben sabedes, no noso centro estivemos todo o ano a desenvolver un proxecto de Innovación en normalización Lingüística que leva por título "Sereas e Heroinas de Sálvora".
A nosa amiga Honorata quere recomendarche estes libros sobre sereas e heroinas:







domingo, 24 de maio de 2009

Certamen literario en Ribeira

O Ceip de Aguiño está de noraboa pois varios alumnos e alumnas do noso centro reultaron gañadores no Certamen Literario organizado polo Concello de Ribeira con motivo da celebración das letras galegas.

Parabéns a todos e todas!

biblioconcurso das letras galegas

Como todos os anos por estas datas, o equipo de Biblioteca en coordinación co equipo de Normalización Lingüística puxo en marcha o "biblioconcurso das letras galegas". Nel os/as participantes debían atopar resposta a varias preguntas en torno á vida e obra de Ramón Piñeiro consultando os libros que temos na nosa biblioteca, os carteis da exposición, internet,...
A participación nesta edición foi moi alta, sen dúbida algo tería que ver o feito de que só por participar recibirían un agasallo de parte da nosa mascota, a rata Honorata.





xoves, 2 de abril de 2009

2 de abril: Día do libro infantil e xuvenil

Como tódolos anos nesta data non podemos deixar de lembrar a Hans Christian Andersen e na biblioteca estamos facendo lecturas individuais e colectivas dalgunhas das súas obras. Ademáis nas aulas de E.Infantil realizaronse actividades en torno a un dos contos preferidos do noso alumnado "O parruliño feo"
Aquí tendes unha pequena selección dos contos de Andersen máis lidos na nosa biblioteca

mércores, 25 de marzo de 2009

novidades

Coa chegada da primavera na nosa biblioteca poñemos a vosa disposición dúas novas guías para disfrutar da natureza


Contacontos para E.Infantil

Hoxe os nenos e nenas de 4 e 5 anos do noso Ceip disfrutaron dunha sesión de contacontos ofrecida pola editorial Kalandraka. A través da palabra e a música os máis cativos/as viviron as aventuras do rato Paco que quería probar a Lúa, de Garavanciño cando foi comido polo boi e de Martín ese neno que andaba nunha nube.




mércores, 4 de febreiro de 2009

Día da Candeloria

O 2 de febreiro conmemórase o Día da Candeloria e segundo a crenza popular nese día "casan os paxariños nas árbores", por iso di o refrán " A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa".

Actualmente este é o día escollido para celebrar o Día do Amor en Galicia, por iso os equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca do colexio propoñen a todo o profesorado e alumnado do centro que nesta data lle digan a alguén que o queren agasallándoo cun poema.

xoves, 15 de xaneiro de 2009

O Barbanza nas nosas letras

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (CENDLB) achéganos este tríptico con lecturas recomendadas para o noso alumnado escritas por autores e autoras barbanzáns ou que desenvolven o seu argumento na nosa comarca.


As mochilas viaxeiras inician a súa andaina



Co novo ano chega unha nova proposta do equipo de biblioteca : a "mochila viaxeira". Tratamos con ela de achegar libros de lectura para os diferentes membros da familia, DVDs temáticos, CDs de xogos para o ordenador, revistas infantís e xuvenís, ..... ata as casas do noso alumnado e implicar así ás familias na creación e consolidación de hábitos de lectura.




Botamos a andar unha mochila por nivel (tanto en Infantil como en Primaria) e por turno rotatorio irá indo de casa en casa durante sete días, pasando nesta a fin de semana co fin de que toda a familia a poda disfrutar.

Nela tamén incluimos un pequeno caderno de apuntamentos co fin de que nos fagan chegar a opinión que lles merece esta actividade e levar a cabo propostas de mellora.

luns, 15 de decembro de 2008

Nova edición do Biblioxogo

A rata Honorata proponvos participar no mes de decembro no seu xogo. Só tendes que encher os ocos no relato que aparece na parte inferior. Se non sabes algunha das palabras podes consultar as pistas na biblioteca do cole de luns a xoves de 17h. a 18h. (lembra que de 16h. a 17h. hai actividades de animación á lectura).

BIBLIOxogo Do Mar