domingo, 18 de decembro de 2016

NOVIDADES DO TRIMESTRE

Ao longo do trimestre fomos adquirindo os seguintes fondos:


  

  

 

  

  

 

  

  

 

 

   


  

 

  

  

  

  

 

 

   

 

 

   

  

  

  

  

  

  

  

  

  

   

  

   

 



PALABRAS DA SEMANA

Luns, 12 de decembro.






Martes, 13 de decembro.






Mércores, 14 de decembro.







Xoves, 15 de decembro.







Venres, 16 de decembro.



xoves, 15 de decembro de 2016

25 NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A proposta deste curso para traballar o Día contra a violencia de xénero titulouse: "Cremalleiras retratos do silencio", e que está relacionada co proxecto Nenúfares no que este curso estamos enrrolados.
Este ano incluiuse calquera tipo de agresión onde o xénero estea presente (cara a transexualidade, cara a homosexualidade, contra as mulleres por ser mulleres,...).

O título inclúe a palabra "cremalleira", pois consideramos que é un elemento "silenciador". Pasar a cremalleira, unha expresión habitual nas escolas para intentar respectar a quenda de palabra,..., pode servir para ilustrar o que pode implicar non tratar estes temas na escola.

Este curso o foco de atención estivo nos retratos do silencio adxetivado, silencio no que como cidadáns/ás, no que como familias, escola,... debemos reflexionar xa que o noso silencio tamén pode formar parte dos escenarios da violencia de xénero, debemos reflexionar sobre o noso papel como educadores/as, como posibles axentes silenciadores,...

As propostas para traballar isto na aula foron:

- Cada aula fixo unha ou máis intervencións artísticas onde estea presente unha/s cremalleira/s.  (A continuación amosamos algunhas).







- Invitouse a todas as familias a facer obras nas súas casas e traelas. (A continuación amosamos algunhas).










- Visionado de retratos da historia da arte con cremalleiras nas bocas.


   

  



-Concerto a cargo de Michelle a irmá de Iron e Yamila. Rompendo cremalleiras: música contra o ruido do silencio.


Parabéns Michelle e moitas grazas pola túa música contra o silencio.


- E como remate de todo o traballo feito nas aulas e como inauguración da exposición "Cremalleiras: Retratos do Silencio", tivemos un concerto a cargo de Fran, o mestre de música, e Sonia, a mestra de primeiro.

Parabéns e moitas grazas a Sonia e Fran por romper cremalleiras coa súa música e contaxinar ao Heroínas de Sálvora da súa paixón.