luns, 16 de febreiro de 2015

TEMPO DE ENTROIDO


Como xa sabedes o teatro é o tema do proxecto de biblioteca deste curso e  por iso decidimos que o mellor xeito de celebrar o entroido era disfrazándonos de mimos. 

Para que quedase un recordo, decidiuse en colaboración có equipo de dinamización da lingua galega, facer un photocall polo que pasaron todas as aulas. Aquí vos deixamos unhas fotos de todos os nosos mimos. A verdade é que estaban todos ben guapos e guapas!!!!!

SEXTO




QUINTO A

 QUINTO B

CUARTO

TERCEIRO

SEGUNDO

PRIMEIRO

5 ANOS A

5 ANOS B

4 ANOS

3 ANOS

TODOS OS MESTRES/AS


E despois dos "posados" bailamos e cantamos a canción que preparou o mestre de música.



  

xoves, 5 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ + DÍA DA CANDELORIA

Este ano celebramos estas conmemoracións nun mesmo día e acompanados por mestras de Lleida e Valencia que estaban visitando o centro, xa que temos un proxecto conxunto chamdo Trenzas.

Reunímonos todos no ximnasio, onde cantamos e bailamos a canción que o mestre de música, Daniel, preparou con todos os nenos e nenas:

-Debuxa un corazón


   
   
   
   
   
   
   
   
   


 -A continuación fixemos unha solta de globos. Moitas grazas as mamás da ANPA por inflalos e poñerlle as cordas.








martes, 3 de febreiro de 2015

ESTE ENTROIDO O COLE ENCHERASE DE ....


MIMOS

Como xa sabedes o proxecto desde curso da biblioteca e o teatro, e por iso decidimos este disfraz que está moi ligado ao teatro.

Aquí vos deixamos uns enlaces que vos poder ser de utilidade para a súa elaboración, maquillaxe, xestos, movementos,...

-Mimo corporal: definición da wikipedia.







 




 


 

  

 

venres, 23 de xaneiro de 2015

Aprender lo que significa olvidar

Onte desenvolvéronse no centro unhas xornadas de sensibilización sobre o Alzhéimer con todo o alumnado do centro, da man de Sandra, a directora do centro de día do concello de Ribeira.

Premendo no seguinte enlace podedes ler a noticia publicada no xornal "La Voz de Galicia".

Aprender lo que significa olvidar


Nestas xornadas plantexouselle a seguinte pregunta a todo o alumnado do centro:

Ti, que non queres esquencer?

Cada neno/a anotou a súa resposta nun post-it que foron colocando na árbore que nos facilitaron dende o centro de día, e este é o resultado:






xoves, 22 de xaneiro de 2015

sábado, 17 de xaneiro de 2015

CLUB DE LECTURA

Co inicio do segundo trimestre o equipo de biblioteca organizou o segundo clube de lectura do curso dirixido aos nenos e neas de 5º e 6º de Primaria.


O libro escollido nesta ocasión é:
TERROR EN WINNIPEG 
Editorial: SM, colección Barco de vapor serie laranxa.
Autor: Eric WILSON.

De seguro que vai facer pasar momentos terroríficos!!! aos participantes no clube de lectura.

mércores, 17 de decembro de 2014

Casi podemos tocar o Nadal coas puntas dos dedos!!!!

E o equipo de biblioteca queremos rematar o ano desexándovos que gocedes e que non vos esquenzades de ter un libro ben preto!!!!

Aquí vos deixamos unha pequena selección de libros para todas as idades, agardamos que sexa do voso agrado.





luns, 1 de decembro de 2014

MOITAS GRAZAS LEDICIA COSTAS!!!!!

E por fin chegou o día!!!!
Hoxe pola mañá visitounos Ledicia Costas para falar un rato cos nosos lectores, agardamos que Ledicia o pasase moi ben, porque dende logo aos nenos e nenas gustoulle moito a visita e que lles asinase os seus libros.
Dende o Recanto de Honorata agradecemos a visita de Ledicia e aquí vos deixamos unas imaxes do momento.






 


E por suposto Ledicia asinou no noso libro de visitas, que pouco a pouco vaise enchedo!!!!



De novo MOITAS GRAZAS!!!! pola VISITA!!!!!