domingo, 22 de xuño de 2014

LIBROS PARA DÍAS DE VERÁN

E como o curso chegou ao seu fin, damos por rematado o traballo do Equipo de Biblioteca con esta pequena escolma de lecturas para o verán, que de seguro serán do voso interese.
Agardamos comentarios, suxestións,...





sábado, 14 de xuño de 2014

OS NOSOS CÓMICS!!!

E case co curso rematado temos o placer de presentarvos as nosas historias de banda deseñada, pois una das actividades propostas dende o Equipo de Biblioteca para desenvolver nas aulas, foi a creación dun personaxe e unhas viñetas contando as súas aventuras, historias,...
Aquí vos deixamos unhas imaxes.



        

 

 

 

mércores, 4 de xuño de 2014

VISÍTANOS FRANCISCO CASTRO!!!!

Como xa sabedes o libro escollido para o primeiro clube de lectura do curso foi: CHAMÁDEME SIMBAD do autor Francisco Castro que nos visitou esta semana.


Despois de compartir as nosas impresións sobre a historia e escoitalo atentamente, compartimos un pincho de tortilla!!! (porque nos enteramos que lle gustaba moito)

Francisco, moitas grazas por visitarnos!!!! e agardamos que ti disfrutases tanto coma nós coa túa compaña.

Aquí vos deixamos unhas fotos do momento:









RECIBIMOS A VISITA DE SABELA NÚÑEZ SINGALA!!!!

O luns 26 de maio recibimos a visita de Sabela Núñez Singala, autora do libro escollido para o segundo clube de lectura do curso: O agasallo de Anya.
Pero non veu soa, acompañouna a súa boneca Xiana e algunha que outra sorpresa, como foron uns contos escritos en ucraíno, fotos,...
Sabemos polo seu blogue, que lle gustou moito a experiencia e queremos que sepa que as mestras e nenos que participaron no clube tamén lles encantou. 

Sen máis aquí vos deixamos unhas imaxes desta divertida tarde, na que non podía faltar unha pequena merenda.

E por suposto, dende o Recanto de Honorata dámoslle as grazas a Sabela por visitarnos e por asinar no libro de visitas.








luns, 2 de xuño de 2014

E CON TODOS VÓS...!!!!!

Unha das propostas deste curso foi a elaboración dun persoaxe de comic en cada aula. Despois de poñer a creatividade en funcionamento e un gran traballo e esforzo por parte de todos, temos o pracer de presentarvos a ... 
ÁNXELA

 BAUTISTA


FRAUMAN

SANTI AGUIÑO

 HORTENCE.  

LLESI 

LILY 

LEONARDO

YASMIN 

CONCHITA

DT (Double trouble)

RINA

CHIVI 

VIOLETA 

mércores, 14 de maio de 2014

HISTORIA DAS LETRAS GALEGAS

No CEIP Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal elaboraron this vídeos sobre a istoria Das Letras Galegas. 



Dende o Recuncho de Honorata agradecemos que compartades este fantástico traballo!!!

domingo, 11 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014



No ano que se conmemora o aniversario do seu nacemento, este ano o día das Letras Galegas está adicado ao poeta Xosé María Díaz Castro

A continuación queremos compartir algúns materiais que atopamos pola rede, que permiten coñecer a súa vida e obra.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon á disposición dos centros escolares unha guía e carteis nos que se fai un percorrido polos momentos máis significativos da bibliografía do autor e das múltiples facetas que desenvolveu ao longa da súa vida.






---------------------------------------------------------------------------------------------

O EDLG do Ceip García Barbón elaborou:

  • Brincaletras, que é un xogo no que cada letra agocha unha pregunta sobre o autor.
  • E unha curta de animación co poeta como protagonista.

---------------------------------------------------------------------------------------------
  • María José Martínez Paz, alumna do IES de Curtis, eslaborou esta presentación Prezzi, na que a través de fotografías, ilustracións e pequenos textos, fixo un percorrido pola bibliografía de Xosé María Díaz Castro.

---------------------------------------------------------------------------------------------
  • "Esa lus", é a canción creada no IES Poeta Díaz Castro para conmemorar o ano do autor. 

  • Atrévete a cantar os poemas de Díaz Castro musicados pola profesora Sandra Tenreiro e interpretados polo alumnado do instituto. Esta iniciativa forma parte de A LUS DO MUNDO, un proxecto educativo para achegar a poesía aos escolares que están desenvolvendo no IES Poeta Díaz Castro. 


---------------------------------------------------------------------------------------------
  • Como todos os anos o Seminario Galán pon á nosa disposición as seguintes actividades en liña.
  • Tamén elaborou actividades impresas que se poden consultar aquí.
---------------------------------------------------------------------------------------------
  • Pasapregunta de Díaz Castro, o EDLG do CEIP A Ponte  de Lugo rétanos a xogar con eles. 

FELICIDADES!!!!! PARA ANTÓN CORTIZAS

Na edición XXIX do premio Antón Losada Diéguez o premio en Investigación e Ensaio foi outorgado a Antón Cortizas, pola súa obra


TASTARABÁS

  
É unha enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza editada por Xerais, e que podedes consultar na nosa biblioteca.

xoves, 1 de maio de 2014

AUDIOCONTOS

Como xa sabedes outra das actividades planificadas foi a proxección de dous contos elaborados polos nenos e nenas de 5 anos, que: crearon dúas historias, debuxaron aos personaxes, colorearon os fondos, gravaron as súas voces, .... 

Fixeron todo esto coa axuda do profe Daniel de música que se encargou de xuntalo todo e facer a montaxe.

Despois de tanto esforzo e traballo os contos quedaron así de chulooooooossss!!!!


A nós gústannos moitooooo! Agardamos que a vós tamén.


A RA NUBE

Más Presentaciones de PowerPoint de biblioteca

JARBANSITO


Más Presentaciones de PowerPoint de biblioteca