mércores, 9 de outubro de 2013

xoves, 26 de setembro de 2013

BENVIDOS/AS DE NOVO!!!!!

 Coa chegada do mes de outubro a biblioteca volve a abrir as súas portas e agardamos a partir do MÉRCORES 2 a vosa visita!!!

 O horario será o seguinte:

- Para os nenos e nenas: durante o recreo e nas tardes dos luns, mércores e xoves de 16 a 18 h.
Lembrade que os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria deberán vir acompañados dun adulto.

- Para os maiores: os luns, mércores e xoves de 16 a 18 h.


Por certo!!!

Pouco a pouco iremos deixando pistas a ver se sodes quen de adiviñar cal é o tema para este curso???

venres, 28 de xuño de 2013


mércores, 19 de xuño de 2013

E CHEGOU AO SEU FIN ...

Chegados a estas datas, damos por finalizado o proxecto sobre a auga, no que este curso o equipo de biblioteca coa colaboración das titorías, familias, alumnos  ... decidimos mergullarnos.

Agradecemos a colaboración de todos/as e agardamos que todas as propostas feitas, actividades organizadas,... foran do voso interese.

Agora é momento de reflexión sobre o traballo feito, pero tamén de coller folgos para afrontar o próximo proxecto que de seguro será igual de interesante.

Agardamos que PASEDES UN BO VERÁN.

Un saúdo do equipo de biblioteca.

LECTURAS RECOMENDADAS VERÁN

Aquí vos presentamos a selección de lecturas que fixemos para este verán que está a piques de comezar.

xoves, 23 de maio de 2013

MENUDA SORPRESA!!!!

Carlos Mosteiro, o autor que veu a visitar aos nenos e nenas que participaron no clube de lectura, fíxonos chegar outro libro seu asinado.

O DÍA QUE MIGUEL INDURÁIN PASOU POR GONDERANDE




MOITAS GRAZAS CARLOS!!!!

TRABALLOS SOBRE A AUGA

O curso está chegando ao seu fin e con el os últimos traballos sobre a auga que están expostos na biblioteca:

-Sobre o ciclo da auga.


 -Algúns consellos para aforrar auga.




ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Con motivo do día das Letras Galegas organizamos varias cousas entre o equipo de biblioteca e o de dinamización lingüística:
-Unha exposición con información sobre a súa vida e obra, na biblioteca e no corredor.











 -Exposición commemorativa do 50 aniversario da celebración das letras galegas, con carteis de diferentes autores homenaxeados.


 -A "CONGA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO", para iso os nenos e nenas viñeron cun sombreiro da casa e no cole pintamos un nariz vermello e un bigote. Como o tempo non acompañou fixemos a conga polo corredor do centro.

 

  

   

  

  

   

venres, 10 de maio de 2013

17 DE MAIO: LETRAS GALEGAS.



Este ano o autor homenaxeado é:

Roberto Vidal Bolaño é un dos promotores do teatro profesional en Galicia, fundou varios grupos de teatro nos que participou como autor, director, actor, escenógrafo... sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios.


Aquí tedes algúns recursos que poden ser de utilidade para procurar información, traballar nas aulas, xogar na casa,...



  • No CEIP Frian Teis elaboraron este xogo. Preme aquí.
          
  • Telexornal elaborado polo CPI dos Dices de Rois.



  • Presentación do IES Concepción Arenal

         
  • Actividades elaboradas polo Ceip Francisco Vales Villamarín.
         


  • Guia didáctica elaborada polo CEIP ADR Castelao de Rianxo.
       
  • Lim de Roberto Vidal Bolaño elaborado polo CEIP ADR Castelao de Rianxo.
Dende o Recanto de Honorata agradecemos e felicitamos a todos os que elaboraron estes recursos, moitas grazas!!!

xoves, 2 de maio de 2013

QUE GUSTO DA VELOS LER !!!!

Aquí tedes algúns dos padriños cos seus afillados lectores.
A verdade e que son unhas imaxes ben fermosas!!!