venres, 18 de xaneiro de 2013

Aquí podedes ver con máis detalle algúns dos libros que seleccionamos e que podedes atopar e consultar na biblioteca ou levalos para casa en préstamo para compartilos con toda a familia.

   

   

  

  

   

   


  

  

   

  

      

  

   

 

sábado, 12 de xaneiro de 2013

RECOMPILACIÓN DE MATERIAIS TIC


Preme na imaxe e accederás a TICSAGUIÑO, que é un caixón virtual que temos no cole e no que podemos atopar unha morea de ligazóns organizadas por temas, materias,... e como no podía ser doutro xeito, temos un pequeno espazo con materiais e recursos adicados á auga.
Agardamos que vos gusten e sexan de utilidade.

2013: ANO INTERNACIONAL DA COOPERACIÓN NA ESFERA DA AUGA




A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, declarou o ano 2013, coma o ANO INTERNACIONAL DA COOPERACIÓN NA ESFERA DA AUGA, e por iso no recanto de Honorata escollemos a AUGA como o tema sobre o que vai a xirar o proxecto para este curso.
Durante o primeiro trimestre estivemos organizando o traballo, deseñando algúns materiais, preparando espazos, seleccionando materias,... para poñer a andar o proxecto.
Pouco a pouco iremos ensinando todas esas cousiñas que fomos facendo.

xoves, 20 de decembro de 2012

E CHEGOU AO SEU FIN...


Coa chegada do Nadal o noso primeiro clube de lectura chega ao seu fin, e polas caras dos participantes parece que desfrutaton desta lectura conxunta.
Na última xuntanza obsequiamos a todos e todas as participante cun diploma, e que agardamos que sexa o primeiro de moitos máis...
Aquí vos deixamos unhas fotos.




sábado, 24 de novembro de 2012

ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS PARA TODAS AS IDADES



       

         

            

     

        

       

    E Hora De Durmires, Meu Amor