mércores, 24 de outubro de 2012

O Equipo de Biblioteca, con motivo da celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS - 24 DE OUTUBRO,  convidou a todo o alumnado a participar na actividade:

ONDE LES TI?
ONDE TE GUSTARÍA LER?

Cada neno/a tiña que escribir nunha tarxeta a resposta a cada pregunta, botándolle toda a imaxinación que quisexen para decoralas.

Con todas elas fixemos una exposición no pasillo. Agardamos que vos guste.



luns, 22 de outubro de 2012

QUENTANDO MOTORES

O clube de lectura empeza a funcionar.
Xa temos nome:

O MAR DA LECTURA



E mascota:
ROBILIBRO


domingo, 21 de outubro de 2012

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

No Recuncho de Honorata, organizamos unhas xornadas de portas abertas ás que convidamos a todas as familias a que nos visiten. 
O día e data serán o martes 23 de outubro ás 17 horas.


Ademáis para celebrar este día co alumnado, temos organizadas ao longo de toda a semana varias visitas guiadas á Biblioteca Municipal de Ribeira, para coñecer as súas instalacións, o seu funcionamento,...

BENVIDOS/AS !!!!!!


O equipo de biblioteca quixemos darlle a benvida ás familias dos nenos e nenas que empezaron este ano en 4º de educación infantil, para o cal organizamos unha pequena reunión para informalas de todos os servizos que ofrecemos e aproveitamos para entregarlle o BOLETÍN INFORMATIVO: 

PAIS E NAIS LEN COS SEUS FILLOS E FILLAS

Nel ofrecemos algúns consellos para que os nenos/as desenvolvan o gusto pola lectura dende pequenos, suxerimos unha serie de sinxelas actividades para facer na casa,... 
Agardamos que sexa proveitoso para todos eles.

venres, 28 de setembro de 2012

TOC TOC !!!!

NON FAI FALLA PETAR ... 
A PORTA ESTÁ ABERTA.

Ilustración de André Letria

A partir do luns 1 de outubro a biblioteca do CEIP de Aguiño volve a abrir as súas portas para a consulta de fondos, busca de información na rede, préstamo de libros,...

O HORARIO é o seguinte:
- Para os nenos/as: durante os recreos e nas tardes dos luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.
- Para os maiores: os luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.

Recordade que os nenos de infantil e do primeiro ciclo que queiran vir á biblioteca polas tardes deberán vir acompañados dun adulto.

Esperamos a vosa visita e lembrade que milleiros de aventuras vos están agardando.

CLUBE DE LECTURA

A partir do vindeiro 1 de outubro un grupo de nenos e nenas de 6º de educación primaria participarán no primeiro CLUBE DE LECTURA que organizamos no centro, o libro escollido para esta andaina é TERROR EN WINNIPEG.


Agardamos que a experiencia agrade a todos os participantes, e que sexa o inicio de moitas máis lecturas.

mércores, 19 de setembro de 2012

BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN



Este é o cartel que edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro). Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide,  que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar ( Manuel Mariño, Miguelanxo Prado, Marina Seoane, Emma Ríos).

xoves, 21 de xuño de 2012

ESTE VERÁN BÓTALLE CONTO


LER NON É CLANDESTINO

O IES Chano Piñeiro presenta ...


Dende o Recuncho de Honorata os nosos parabéns.

mércores, 13 de xuño de 2012

XOSÉ NEIRA VILAS



O escritor Xosé Neira Vilas, achegouse onte a  Ribeira, para a inauguración da exposición Querido Balbino, 1961-2011, coa que se conmemora o medio século da súa publicación  de Memorias dun neno labrego.


Neira Vilas asinou un bo número de exemplares, entre os que se atopaban algúns da nosa biblioteca, momento que quixemos retratar e que nos comprace compartir con todos vós.