Aproveitando a celebración o 8 de marzo o día da muller, achegámosvos unhas actividades LIM elaboradas por unha mestra do noso centro, dirixidas ao 3º ciclo e na que podemos coñecer algunhas mulleres científicas e os seus descubrimentos e sobre Clara Campoamor e o seu papel na loita polos dereitos das mulleres.
O equipo de biblioteca do CEIP de Aguiño, presentámosvos os nosos biblioxogos da paz, un para educación infantil e outro para educación primaria. Agardamos que vos gusten e sirvan para traballar durante todo o ano, porque a paz non é cousa dun día.
Este curso temos un novo espazo na nosa biblioteca, O RECANTO DA LINGUA, co que colaboramos co equipo de normalización e dinamización da lingua galega. Durante este mes está centrado na CANDELORIA.
Estas son algunhas das lecturas con moito amor que tedes a vosa disposición na biblioteca do cole. Agardamos a vosa visita.
Con motivo da participación do noso cole no proxecto ARCE, visitou o cole Jontxu Argibay, un artista do noso concello. Falounos da súa vida e traxectoria profesional, e tróuxonos unha das súas esculturas, O Gandul.
O equipo de biblioteca elaboramos este boletín con lecturas relacionadas coa paz, coeducación,... e tamén con algúns enderezos web que poden ser interesantes.
No blog do CEE "Terra de Ferrol", podemos atopar moitos recursos para traballar a educación para a paz: contos, actividades Lim. Entre outros a seguinte presentación e actividades impresas:
Curtametraxe de animación realizado para o centro virtual Leer.es do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. O seu obxectivo é fomentar a lectura entre os máis xóvenes.