luns, 25 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA - DÍA DA AUGA - DÍA DE ROSALÍA

O venres o equipo de biblioteca, coa colaboración de todas as titorías e da mestra de música en especial, organizou diferentes actividades para celebrar conxuntamente:
-O DÍA DA POESÍA
-O DÍA DA AUGA
 -O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

 Estas son as actividades que deseñamos:

 -Cada titoría traballou unha ou varias poesías ás que lle deron forma de auga, e coas que despois fixemos unha exposición na biblioteca e no corredor:


-Proxectouse na biblioteca a película "A AUGA".


- Despois do recreo,  xuntamonos todos no ximnasio, onde todos os nenos e nenas (que viñeron vestidos de rapeiros) interpretaron un rap que prepararon e adaptou a mestra de música, do poema de Rosalía de Castro, Adiós ríos, adiós fontes.


- Algúns nenos e nenas recitaron algúns dos poemas que traballaron.

- E para rematar, fixose a entrega de agasallos a todos os nenos e nenas para agradecerlle a súa participación no bibloxogo: uns posavasos e uns marcapáxinas.

mércores, 6 de marzo de 2013

AUGA + MULLER

Estes son algúns dos vídeos que esta semana se van proxectar na biblioteca, e cós que se pode reflexionar do gran papel que desempeñan as mulleres, en distintas partes do mundo, no coidado e busca de auga.

O MUNDO EN FEMINININO, é un vídeo de "Manos Unidas", no que se fai un breve repaso sobre a situación da muller no mundo, e recolle diferentes iniciativas impulsadas por esta organización para cambiar esta realidade.



RAJASTÁN: ALMACENANDO CHOIVA.
En varios pequenos poblados de Rajastán (India), "Manos Unidas" financia a construción de corenta estanques para o almacenamento de auga de choiva. Persoas sen casta, en especial mulleres, benefícianse deste proxecto, que contribúe a mellorar o medio ambiente.


VIAXE A MALI


A VIAXE DE KAPARDI

domingo, 3 de marzo de 2013

CONTOS COEDUCATIVOS

 
(preme na imaxe)

(preme na imaxe)



Proposta de actividades
Máis actividades

(preme na imaxe)

(preme na imaxe)

LA MITAD DEL CIELO
Nicholas D. Kristof e Sheryl Wudunn. Editorial Duomo - Perímetro. 
Trátase de 14 testemuñas de mulleres de todo o mundo, das que a súa forza e traballo son chaves para o desenvolvemento económico.

 MEMORIAS DE UNA GALLINA
Concha López Narváez; il., Juan Ramón Alonso. Ed: Anaya, 1995   


VELLOS CONTOS, NOVOS FINAIS

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

No equipo de biblioteca fixemos una recompilación de recursos que atopamos na rede, elaborados por outros centros, institucións,... e cos que podemos traballar a coeducación nas aulas.

(preme na imaxe)


 WEBQUEST: Mulleres na historia de Galicia, do Ceip Milladoiro- Malpica










CAZA DO TESOURO (terceiro ciclo): Unha muller, un voto, do Ceip San Walabonso


CAZA DO TESOURO (segundo e terceiro ciclo): Zenobia Camprubí, unha muller traballadora.

WEBQUEST (educación infantil e primeiro ciclo): Rosa Caramelo


LIBRO LIM para educación infantil.

LIBRO LIM para o primerio ciclo.

LIBRO LIM para segundo e terceiro ciclo


VÍDEO: elaborado polo DO e o EDLG do CPI Uxío Novoneira, sobre a historia da muller galega ao longo do tempo, dende as mulleres druídas ata a actualidade. (preme na imaxe)