A Fundación Luís Tilve acaba de fallar os seus PREMIOS 2012.
Entre eles atópase o PREMIO ACCIóN SOLIDARIA ao PROXECTO BUBISHER
Un proxecto co que teñen moito que ver as bibliotecas escolares, que o curso pasado participamos mercando álbumes para enviar a ese bus e esas bibliotecas que se foron creando nos campamentos de refuxiados. Un proxecto ao que estamos ligadas as bibliotecas escolares galegas e que nos enche de orgullo.
Os nosos parabén para todos/as os que fan posible este traballo.
mércores, 24 de outubro de 2012
DECÁLOGO
Os/as compañeiros de BIBLIOCERVO para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS, elaboraron un decálogo para agasallar ás familias, sobre os dereitos das nenas e nenos a escoitar contos, que están sacados dun manifesto publicado en Venezuela polos anos 70.
Nós ao igual que eles desexamos que todos os nenos e nenas poidan disfrutar cando menos de todos eles.
Dende o Recanto de Honorata queremos compartir con vós una parte do seu traballo e aproveitamos para saudar e felicitar a Bibliocervo.
Nós ao igual que eles desexamos que todos os nenos e nenas poidan disfrutar cando menos de todos eles.
Dende o Recanto de Honorata queremos compartir con vós una parte do seu traballo e aproveitamos para saudar e felicitar a Bibliocervo.
INSPIRACIÓN ...
Para inspirar as nosas lecturas organizamos unha exposición de láminas de obras de arte nas que aparecen mulleres lendo, en diferentes lugares, ...
O Equipo de Biblioteca, con motivo da celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS - 24 DE OUTUBRO, convidou a todo o alumnado a participar na actividade:
ONDE LES TI?
ONDE TE GUSTARÍA LER?
Cada neno/a tiña que escribir nunha tarxeta a resposta a cada pregunta, botándolle toda a imaxinación que quisexen para decoralas.
Con todas elas fixemos una exposición no pasillo. Agardamos que vos guste.
luns, 22 de outubro de 2012
domingo, 21 de outubro de 2012
24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
No Recuncho de Honorata, organizamos unhas xornadas de portas abertas ás que convidamos a todas as familias a que nos visiten.
O día e data serán o martes 23 de outubro ás 17 horas.
Ademáis para celebrar este día co alumnado, temos organizadas ao longo de toda a semana varias visitas guiadas á Biblioteca Municipal de Ribeira, para coñecer as súas instalacións, o seu funcionamento,...
BENVIDOS/AS !!!!!!
O equipo de biblioteca quixemos darlle a benvida ás familias dos nenos e nenas que empezaron este ano en 4º de educación infantil, para o cal organizamos unha pequena reunión para informalas de todos os servizos que ofrecemos e aproveitamos para entregarlle o BOLETÍN INFORMATIVO:
PAIS E NAIS LEN COS SEUS FILLOS E FILLAS
Nel ofrecemos algúns consellos para que os nenos/as desenvolvan o gusto pola lectura dende pequenos, suxerimos unha serie de sinxelas actividades para facer na casa,...
Agardamos que sexa proveitoso para todos eles.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)