Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.
A idea que se difunde: é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.
Dende aquí os nosos parabéns e grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, porque deseñou os carteis para facer posible a actividade, por certo ben fermosos.
Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí e algunhas das interesantes cousas que fai aquí,
Moitísimos libros están a ser salvados en todas as bibliotecas galegas. Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre.
A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.
ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES: