xoves, 15 de xuño de 2023
INSTALACIÓN DAS HERBAS DE SAN XOAN NA BATEA DO PATIO EN COLABORACIÓN COAS FAMILIAS.
Vinte unha crara noite,
noitiña de San Xoán,
poñendo as frescas herbas
na fonte a serenar.
E tan bonita estabas
cal rosa no rosal
que de orballiño fresco
toda cuberta está.
(Rosalía de Castro)
mércores, 14 de xuño de 2023
ECOGRAFÍAS DE GARATUXAS, PESPUNTO E PALABRAS HABITADAS.
Onte o mes de Abril voltou a entrar pola porta da nosa escola. Retomamos o punto e seguido que bordamos daquela cando o ollo de cámara fotográfica da nosa querida artista habitante Sabela Eiriz se despediu cun sorriso dos que non fan falta nada máis.
É un privilexio que Sabela nos faga partícipes dos procesos de creación das súas obras e nos invite a coñecer as súas entrañas. Son labirintos misteriosos que descoñecemos e que poñen en valor todo o traballo que hai detrás de cada peza artística. Son manillas de reloxio calcetando bufandas infinitas de horas interminables.
Son procesos con luces e sombras, son bosquexos con fatigas e enerxía, son xogos con materiais, son visitas a talleres de edición buscando mans que mimen as súas "criaturas", son ilusións e tomas de decisións. Son sons.
Sabela trouxonos "ecografías" dos seus fotolibros. Estamos desexando telos nas mans e darlle os colos cos que agarimamos as nosas lecturas. Ademais das tintas que se utilicen para editalos, sabemos que nas súas follas a intersección de impresións sensoriais será unha constante.
Emocionounos evocar ecos de PESPUNTO e GARATUXAS. Emocionounos sentir as pisadas convertidas en pegadas da cámara de Sabela por toda a escola filmando e recollendo intres cotiás e convertindóos en extraordinarios. Emocionounos que unha artista compartira con nós un proceso creativo e creador.
Onte o mes de Abril voltou a entrar pola porta da nosa escola. Nas nosas caras sentimos novamente a maquillaxe azul da intervención PALABRAS HABITADAS
Moitas grazas SABELA EIRIZ por compartir o teu sentir, grazas por habitar no mes da Revolución dos Caraveis o Ceip Heroínas de Sálvora!.














.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)






















