xoves, 25 de abril de 2013

SEMANA DO LIBRO

Dende o Equipo de Biblioteca organizamos as seguintes actividades para desenvolver durante o 22 e 26 abril, con motivo da celebración do día do libro.

1) HOXE CONTA …… 
Nas aulas de Educación infantil invitouse ás familias a vir ao cole para contarlles aos nenos e nenas da aula o seu conto favorito e nas aulas de primaria serán os nenos e nenas os que traerán á aula o seu conto preferido e o presentarán, lerán, contarán,... aos seus compañeiros e compañeiras.

2)  AMADRIÑAMENTO/APADRIÑAMENTO LECTOR.
O alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria contarán contos  a nenos e nenas de infantil e 1º de primaria durante o tempo do recreo en distintos  lugares do recinto escolar. 

3) MARCAPÁXINAS CONMEMORATIVOS.
O día 23 repartirase a todo o alumnado os marcapáxinas enviados dende Bibliotecas escolares e os deseñados polo equipo de biblioteca.
  

4)   COMPARTE AS TÚAS LECTURAS.
Seguro que algunha vez collestes un libro e desde que  empezaches a ler e non te despegaches del ata que o acabaches. Se cadra  foi porque era moi divertido, ou contaba unha historia real que te fixo chorar, ou porque o protagonista lle pasaban as mesmas cousas que a ti..... Sexa cal sexa a razón seguro que llo recomendarias a outros nenos e nenas para que o leran. 
Os alumnos que o desexen cubrirá unha folla do libro na que contarán que libro foi, farán comentarios, suxestións,...

5)   MELLORES LECTORES E LECTORAS.
O equipo de biblioteca consultará a base de datos e elaborará unha lista dos máis lectores e lectoras do cole.

xoves, 18 de abril de 2013

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo".
 
(Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013) 

Para celebrar este día editouse un marcapáxinas cun texto orixinal dPaula Carballeira, no que destaca as potencialidades do libro para atraer aos lectores máis novos, mesmo a aqueles que (en principio) ofrecen máis resistencias. Esta edición conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e foi distribuído entre as bibliotecas do Plan de mellora de bibliotecas escolares. 

PREME na imaxe. 

PARECE UNHA ROSA

Esta é unha actividade LIM elaborada polas mestras de 2º, 3ºA e 3ºB, baseada no poema de Rosalía de Castro e no libro do mesmo nome: PARECE UNHA ROSA.

 Preme na imaxe para xogar e verás que ben o pasas!!!.

xoves, 11 de abril de 2013

UN BO FINAL

Como xa sabedes durante o segundo trimestre o noso clube de lectura: "O MAR DA LECTURA" adicouno ao libro de "UNHA BRUXA BEN RARA".

E que mellor xeito de rematar a súa lectura invitando ao seu escritor CARLOS MOSTEIRO a facernos unha visita.
Durante a charla, os nenos/as falaron con el, fixéronlle unha morea de preguntas, ...  e aínda que sabemos que na biblioteca non se pode comer, fixemos unha excepción e tomamos unhas larpeiradas,..a verdade é que todos o pasaron moi ben.










E para rematar Carlos Mosteiro asinounos un libro.




 CARLOS, MOITAS GRAZAS POR VISITARNOS!!!!