mércores, 21 de decembro de 2011

O equipo de Biblioteca do CEIP de Aguiño queremos desexarvos:

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO

con esta panxoliña titulada "Buscando unha estrela",interpretada por Tino Baz e que podemos escoitar no disco "O Quiquirí".


RECOMENDACIÓN DE LECTURAS NADAL 2011

REGALEMOS GALEGO 2011

Os equipos de ENLG E BIBLIOTECA do CPI Vicente Otero Varcárcel, ofrécenos un catálogo de agasallos nos que podemos atopar: moda galega, novas tecnoloxías, literatura,...

REGALEMOS GALEGO 2011

luns, 12 de decembro de 2011

AGUIÑO

Este é un video no que os nosos nenos/as lle contan aos dos centros ARCE e ao resto do mundo como é para eles Aguiño, que podemos atopar,....



De seguro que vos gusta.

domingo, 11 de decembro de 2011

RECURSOS PARA O NADAL

Na páxina da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística, podemos atopar diferentes materiais para traballar na aula o Nadal: Postais, Contos, Refráns,...



Preme AQUÍ para acceder.

10 de Decembro: Día dos DDHH



Preme AQUÍ para acceder a este gloster elaborado polo CEIP da Cañiza, que tamén elaborou outro sobre a constitución e o estatuto de autonomía.tradicións galegas.



Preme AQUÍ para acceder.

Dende Aguiño os nosos parabéns.

10 de Decembro: Día dos DDHH

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)


domingo, 4 de decembro de 2011

COLABORAMOS CON BUBISHER

No deserto saharaui, bubisher é o paxaro que trae boa sorte.

Nos Campamentos de Refuxiados Saharauis, o Bubisher empezou sendo bibliobús cargado de libros, que percorre as escolas e funciona como biblioteca ambulante dirixida a todas as idades.


Preme AQUÍ para acceder a súa web.


Este é o libro escollido dende o Recanto de Honorata e co que participamos neste proxecto.

UNO, CINCO, MUCHOS


de Kveta Pacovská

A autora deleitanos con este álbum ilustrado, editado por Kókinos, que nos invita a buscar os números agochados.

venres, 18 de novembro de 2011

xoves, 17 de novembro de 2011

mércores, 9 de novembro de 2011

AS NOSAS CABAZAS TRASPASAN FRONTEIRAS

Durante este curso o equipo de biblioteca colabora co proxecto Arce, no que está inmerso o cole, xa é o noso segundo curso.

Froito desa colaboración e para dar a coñecer ás outras comunidades ARCE, algunhas das nosas tradicións, elaboramos este video no que ser recollen algunhas das nosas TERRORÍFICAS CABAZAS DO SAMAÍN.



E tamén este paquete de actividades Lim.



Preme AQUÍ, para poder xogar.

Agardamos que gocedes con elas.

xoves, 27 de outubro de 2011

24 de OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



Para celebrar o DÍA DA BIBLIOTECA, un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor galego. Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic, interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión das bibliotecas escolares, como lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe, ... e nos que podemos atopar milleiros de oportunidades para soñar e imaxinar, ...


Aproveitando esta data, na biblioteca Canistrel de Celanova, estrearon un vídeo-conto sobre os Bolechas, feito polo Equipo de Biblioteca. Dende aquí noraboa e grazas por compartir o voso traballo con outras bibliotecas.

martes, 14 de xuño de 2011

luns, 13 de xuño de 2011

DESPEDIMOS A JUAN FARIAS





(«Autorretrato», en Los buscadores de agua, Barcelona: Luis de Caralt, 1966)
"Gallego, nacido, criado y recriado en Galicia. Escritor con posibilidades, ex-marinero, ex-estudiante. Unos opinan que soy triste, huraño y tímido. Otros opinan que soy alegre, desenfadado y optimista. Normalmente me encuentro feo, todo depende del espejo y de mi estado de ánimo. Sé lo que quiero. Lo conseguiré si no estiro la pata antes de tiempo. Me gusta viajar y viajé tanto como me vino en gana. Algunas cosas de las que ocurren a mi alrededor me repelen, otras me atraen y otras me dejan indiferente. Me revientan los ficheros metálicos, las jaulas, los bloques de viviendas con más de trescientos vecinos y la pesca con carburo. Opino que el refranero es definitivo cuando dice que en todas partes cuecen habas. Me consuela la certeza de que cada libro es independiente de los demás y de que no estoy obligado a ser fiel a determinado tipo de lectores si al día siguiente descubro que estos lectores y yo estábamos equivocándonos. Me ocurre, creo, lo que a mucha gente, que unas veces me encuentro joven y otras viejo. Como escritor espero hacer cosas porque si no, no escribiría, esto es elemental."

luns, 6 de xuño de 2011

OS CORREDORES DO COLE ÉNCHENSE DE...

De seguido podedes ver una pequena escolma dalgúns dos libros salvados polos nenos/as, dende educación infantil ata 6º de educación primaria.

venres, 3 de xuño de 2011

E POR SUPOSTO NON PODÍA FALTAR A NOSA MASCOTA A RATA HONORATA


AS ILUSTRACIÓNS DE LEANDDRO LAMAS ENCHEN DE COR A NOSA BIBLIOTECA






A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.

Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.

luns, 30 de maio de 2011

A NOSA NOVA BIBLIOTECA

Despois duns meses de duro traballo por parte de todo o profesorado e persoal do centro, aos que dende aquí lle damos as grazas, por fin podedes ver o resultado final.


Pensamos que a espera valeu a pena.

SALVANDO LIBROS

Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.
A idea que se difunde: é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.

Dende aquí os nosos parabéns e grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, porque deseñou os carteis para facer posible a actividade, por certo ben fermosos.

Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí
e algunhas das interesantes cousas que fai aquí,
e tamén aquí….

salvandogrande

Moitísimos libros están a ser salvados en todas as bibliotecas galegas. Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre.

A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.

ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Deseguido ofrecémosvos unhas actividades Lim do conto da Editorial Kalandraka, A Casa da Mosca Chosca, elaboradas por a nosa compañeira Teresa.
Agardamos que vos gusten.

mércores, 11 de maio de 2011

LOIS PEREIRO

No blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol)atopamos o seguinte video sobre a vida de Lois Pereiro.


Preme AQUÍ e atoparás máis videos.

mércores, 27 de abril de 2011

NOVAS

A partir de hoxe podedes visitar a biblioteca todos os días no tempo de recreo e os luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.
Para que podedes vir? Para consultar libros, buscar información en enciclopedias ou en internet, pasar un rato agradable lendo unha fermosa historia, emprestar un libro, un xogo, una peli,...
Quen pode vir? Todos os nenos e nenas do cole e as súas familias, lembrade que os máis pequenos teñen que vir acompañados dalgunha persoa adulta,

Agardámoste a ti e a túa familia.

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Coincidindo coa celebración do día do libro no Ceip de Aguiño aproveitamos para inaugurar a nosa nova biblioteca.
Contamos coa presenza da nosa mascota a Rata Honorata e o seu amigo o frautista Bautista que fixeron as delicias dos máis pequenos coas súas historias.

Tamén quixo estar neste día tan especial o escritor aguiñense Unai González que nos animou a gozar deste novo espazo e nos agasallou con exemplares das súas obras para a nosa biblioteca.

Ao rematar este acto a ANPA convidounos a un petisco.

Dende aquí damos as grazas a todos e todas os que participaron neste día tan especial.

venres, 22 de abril de 2011

APERTURA DA BIBLIOTECA

Despois dun duro traballo no que non puidemos ofrecer o servizo de Biblioteca ao noso alumnado e familias O VINDEIRO MÉRCORES 27 DE ABRIL, PODEREMOS GOZAR DO NOVO RECANTO DE HONORATA.

Agardamos a vosa visita

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO


Que mellor xeito de celebralo que coa canción LIBRO MÁXICO do disco
¡Canta Connosco! de Migallas.

venres, 1 de abril de 2011

2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

"O libro lembra”. Este é o título do texto da escritora estonia Aino Pervik que serve para conmemorar a data do nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril, e que desde hai xa anos (1967), a IBBY (International Board on Books for Young people) promove como Día Internacional do Libro Infantil, co fin de estimular a creación e difusión de libros de calidade para nen@s e moz@s, e promover a lectura entre a xente máis nova.

luns, 14 de marzo de 2011

Os nosos parabéns ao equipo de biblioteca do IES FONTEM ALBEI da Fonsagrada, por este libdup no que nos contan a historia dun libro esquecido, que tras percorrer boa parte do centro retorna os seu lugar natural: a biblioteca.

martes, 22 de febreiro de 2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS VAN Á CASA DE....

As mochilas empezar a súa andaina, seguro que xa o estabades desexando.
Esperamos que o seu contido sexa do agrado de todos e todas.


Con que ilusión as levan os pequenos do cole.


RECURSOS PARA O ENTROIDO


Como xa estamos pertiño de celebrar o entroido, de seguido ofrecémosvos una serie de enderezos web con recursos:

ENTROIDO NA PROVINCIA DE ORENSE. Páxina de Vieiros da Escola. Clica aquí.

CHEGA O ENTROIDO. Páxina do Consello da Cultura Galega. Clica aquí.

O ENTROIDO. Páxina de Política Lingüística. Clica aquí.

ORIXES E RITOS DO ENTROIDO. Galicia espallada. Clica aquí.

RECURSOS PARA O ENTROIDO NA ESCOLA (caretas, disfraces, máscaras). Clica aquí.

ENTROIDO, FESTA E TRADICIÓN. CEIP da Ramallosa. Clica aquí.

RECURSOS DIDÁCTICOS, MANUALIDADES,... Coordinadora galega de normalización lingüística. Clica aquí.

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Cada 24 de febreiro lembramos o nacemento de Rosalía de Castro, poetisa sen par e unha das nais indiscutibles da nosa lingua nai.


domingo, 20 de febreiro de 2011

21 DE FEBREIRO: DÍA DA LINGUA MATERNA

O obxectivo desta celebración, aprobada pola UNESCO en 1999, é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo, en especial, a das minorías por seren aquelas que se encontran nunha situación máis difícil.

Tamén forma parte desta celebración a promoción do respecto e interese por todos os idiomas para favorecer unha actitude positiva cara á riqueza lingüística do mundo.

A ONU entende que os idiomas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da herdanza cultural da humanidade e que, daquela, toda iniciativa que promova a súa supervivencia servirá para incentivar, ademais do pluralismo lingüístico, a diversidade cultural.


venres, 11 de febreiro de 2011

NAMÓRATE CON LECTURAS!

este é o lema do mes de febreiro das bibliotecas escolares de Galicia, e dende o Recanto de Honorata queremos contribuir propoñéndovos algunhas lecturas

Amor en juego. Thule ediciones
Textos e ilustracións: Elena Ferrándiz

Cando un/ unha se lanza ao terreo do xogo do Amor, o que desexa é gañar a partida.
Quizais todo sería más fácil se se soubera en que xogo se está apostando o corazón.
Deste xeito poderíamos coñecer as súas reglas en lugar de avanzar polos taboleiros do amor a escuras.

LOS AMANTES MARIPOSA,
de Benjamin Lacombe,
Traducción de Elena Gallo Krahe,
Editorial Luis Vives (Edelvives)

Los amantes mariposa o Liang Zhu é unha lenda China sobre o tráxico romance de dous amantes.

Cocodrilo se enamora
COCODRILO SE ENAMORA
Daniela Kulot.
Traducción de Marc Taeger.
Factoría K de Libros, 2007
Cocodrilo se enamora, é un libro-álbum para os primeiros lectores que narra a historia de amor entre un crocodilo e unha xirafa. O que parece un amor imposible ao principio, vaise transformanado segundo van pasando as páxinas nun feito, provocado pola casualidade dun tropezo.


Un millón de mariposas
UN MILLÓN DE MARIPOSAS
Edward van de Vendel
Carll Cneut

Nelius viunas por primeira vez en plena noite: as bolboretas. Voaban sobre a súa cabeza, había un milleiro delas. Nelius non sabía de onde viñan, pero os seus pais dixéronlle que para el chegara o momento de ....


A TRES METROS SOBRE EL CIELO
Federico Moccia
Pertencen a mundos distintos, desexan cousas distintas, pero teñen algo en común: o amor que lles fará flotar e sosterse, o amor que lles fará atoparse e cambiar; elas volveránse máis salvaxes e eles máis tenros. Mentres, alí abaixo, a vida real xa os reclama ...


Agardamos que vos gusten estas suxerencias.

domingo, 6 de febreiro de 2011

COMO BUSCAR INFORMACIÓN NA REDE

O IES ILLA DE AROUSA, elaborou esta pequena guía para axudarnos a ser máis eficaces na búsqueda de información en internet.

sábado, 29 de xaneiro de 2011

LIBROS EN SON DE PAZ

EDUCAR PARA A NON-VIOLENCIA E A PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o día escolar da Non-violencia e a Paz. Todo empezou fai 40 anos cando o poeta pacifista mallorquín, Llorenç Vidal, tivo a idea de organizar en torno á data conmemorativa do asesinato de Gandhi (en 1948), unhas xornadas educativas para fomentar a a convivencia entre nenos e xóvenes. Así cada 30 de xaneiro, a través de distintas actividades escolares, miles de nenos e xóvenes pasaron a celebrar esta data, como un xeito de acadar e conquistar ano a ano un sono: un mundo no que sexa posible a globalización da liberdade, da xusticia social e dos dereitos humanos.

GUERNICA E PAZ

PREME AQUÍ, para poder acceder a unha actividade de educacion documental sobre o Guernica realizada polo profesorado do Cep Brea Segade de Taragoña, dirixidas especialmente para os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo, para traballar o Día da paz.
Dende o recanto de Honorata damoslle as grazas.