luns, 29 de maio de 2017

LUIS SAMPEDRO VISITA O NOSO CENTRO ESCOLAR

O pasado mércores 26 de maio visitounos Luis Sampedro para falarnos sobre a súa experiencia a bordo do Buque de Investigación Oceanográfica "Hespérides", co que percorren a Antártida. 
Ao longo do seu discurso asombrou a tódolos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria con detalles da súa expedición: 

  • Datos xeográficos e climáticos.
  • A vida diaria no campamento.
  • Cusiosidades sobre mamíferos mariños e avifauna.
  • Obtención de datos sobre os efectos do cambio climático.
  • ...






Para saber algo máis da misión:




venres, 26 de maio de 2017

PALABRAS DA SEMANA

Luns, 22 de maio.



 Martes, 23 de maio.



Mércores, 24 de maio.



Xoves, 25 de maio.



Venres, 26 de maio.

venres, 19 de maio de 2017

PALABRAS DA SEMANA

Luns, 15 de maio.



Martes, 16 de maio.



Xoves, 18 de maio.



Venres, 19 de maio.

sábado, 13 de maio de 2017

RECURSOS CARLOS CASARES

De seguido compartimos algúns dos moitos recursos sobre Carlos Casares que se poden atopar na rede:

  • SEMINARIO GALÁN: Actividades impresas e en liña, información,... clasificada por idades.



  • BIOGRAFÍA E OBRA: Edilim para o primeiro ciclo.



  • FUNDACIÓN CARLOS CASARES:



  • CARLOS CASARES, QUE CRACK!: Vídeo do alumnado de PT do IES Alfredo Brañas de Carballo.



  • PRIMAVERA DAS LETRAS: Recursos na rede sobre Carlos Casares.

  • CANCIÓN DAS LETRAS GALEGAS A CARLOS CASARES: Feita polo alumnado de 4º de primaria do Colexio Divina Pastora Franciscanas de Ourense.








17 de MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS



Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas.
Naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finou o 9 de marzo de 2002 na Ramallosa (Nigrán).
Estudiou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Foi lector en varias universidades europeas. De regreso a Galicia estableceu a súa residencia en Vigo, onde desenvolveu a súa actividade profesional como escritor, editor e catedrático de instituto.
Foi elixido membro da Real Academia Galega en 1977 e presidente do Consello da Cultura Galega en 1996.
Colaborou en numerosas revistas e xornais, entre eles Grial, que dirixiu dende 1989 a 2002, ano do seu pasamento, e La Voz de Galicia. Parte deste traballo periodístico foi publicado en forma de libro: Á marxe. Palabra de escritor (2 de xaneiro - 10 de marzo de 2002) (2003), Á marxe, 1992 (2005), Á marxe, 1993 (2005), Á marxe, 1994 (2006) y Á marxe, 1995 (2006).
Deuse a coñecer en 1967 con “Vento ferido”, unha colección de relatos breves sobre a  violencia e o fatalismo. Entre as súa obras destacan:
  • Cambio en tres (1969).
  • Xoguetes pra un tempo prohibido (1975).
  • Os escuros soños de Clío (1979).
  • Ilustrísima (1980).
  • Os mortos daquel verán (1987).
  • Na marxe de cada día: follas dun diario (1994).
  • Deus sentado nun sillón azul (1996).
  • Un país de palabras (1999)
  • O sol do verán (2002).

Como escritor de literatura infantil publicou:
  • A galiña azul (1968).
  • As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (1973).
  • O can Rin e o lobo Crispín (1983).
  • Lolo anda en bicicleta (1996).
  • O galo de Antioquía (1994).
  • Un polbo xigante (2000)
  • A serie de Toribio: Este é Toribio (1991), Toribio contra o profesor Smith (1991), Toribio e o contador de contos (1991), Toribio ten unha idea (1992) y Toribio revoluciona o tráfico (1994).

Como biógrafo e ensaísta elaborou traballos sobre a vida e obra de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e Curros Enríquez.
Traduciu varias obras ao galego: El principito do francés Antoine de Saint-Exupéry, Los escarabajos vuelan al atardecer da escritora sueca María Gripe e El viejo y el mar do estadounidense Ernest Hemingway.
O humor, a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que afectan ao mundo de hoxe constituíron as marcas máis características do seu estilo narrativo e ensaístico.

venres, 12 de maio de 2017

PALABRAS DA SEMANA

Luns, 8 de maio.


 
Martes, 9 de maio.



Mércores, 10 de maio.



Xoves, 11 de maio.



Venres, 12 de maio.

domingo, 7 de maio de 2017

PALABRAS DA SEMANA

Mércores, 3 de maio.




Xoves, 4 de maio.





Venres, 5 de maio.