venres, 28 de setembro de 2012

TOC TOC !!!!

NON FAI FALLA PETAR ... 
A PORTA ESTÁ ABERTA.

Ilustración de André Letria

A partir do luns 1 de outubro a biblioteca do CEIP de Aguiño volve a abrir as súas portas para a consulta de fondos, busca de información na rede, préstamo de libros,...

O HORARIO é o seguinte:
- Para os nenos/as: durante os recreos e nas tardes dos luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.
- Para os maiores: os luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.

Recordade que os nenos de infantil e do primeiro ciclo que queiran vir á biblioteca polas tardes deberán vir acompañados dun adulto.

Esperamos a vosa visita e lembrade que milleiros de aventuras vos están agardando.

CLUBE DE LECTURA

A partir do vindeiro 1 de outubro un grupo de nenos e nenas de 6º de educación primaria participarán no primeiro CLUBE DE LECTURA que organizamos no centro, o libro escollido para esta andaina é TERROR EN WINNIPEG.


Agardamos que a experiencia agrade a todos os participantes, e que sexa o inicio de moitas máis lecturas.

mércores, 19 de setembro de 2012

BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN



Este é o cartel que edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro). Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide,  que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar ( Manuel Mariño, Miguelanxo Prado, Marina Seoane, Emma Ríos).