xoves, 4 de xuño de 2026

OBRADOIRO LINGÜÍSTICO


O alumnado do obradoiro lingüístico subiu ao escenario para deleitarnos coa representación de dúas obras moi especiais: "Un café desastroso" e "O aparato de Ainara".

Ambas pezas foron dirixidas pola nosa coordinadora de biblioteca, que guiou aos nosos pequenos actores e actrices neste reto creativo. Foi marabilloso ver como traballaron a expresión oral, a memorización e, sobre todo, o compañeirismo durante todo o proceso de ensaios.

Aquí podedes ver algúns dos momentos máis divertidos e emocionantes das actuacións. Mirade que ben o fixeron!



Parabéns a todo o elenco polo seu esforzo e por facernos gozar tanto destas historias. Seguiremos apostando pola lectura e a dramaturxia como ferramentas para aprender e soñar xuntas e xuntos.

Grazas a todas e todos os que fixestes posible esta función!