mércores, 29 de abril de 2015

O ESPANTALLO AMIGO

Os nenos e nenas de 3º e 4º de educación primaria asistiron, o 22 de abril ao Auditorio Municipal de Ribeira,  á reprensentación teatral do Espantallo Amigo representada polos Quinquilláns.
Antes de ir os nenos e nenas traballaron a obra de Neira Vilas na aula, e ata fixeron un espantallo!!!!
Compartimos con todos vós unhas imaxes:








luns, 20 de abril de 2015

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO

 O mes de abril é un mes importante para todas as bibliotecas e a nosa non ía a ser menos, por iso estamos organizando o "Apadriñamento e amadriñamento lector",  que como xa sabedes de cursos anteriores, consiste en que os nenos e nenas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación primaria, lle len contos anos nenos e nenas de educación infantil e de 1º de educación primaria, no lugar do colexio que eles escollan.

Aproveitando esta celebración queremos compartir con vós o marcapaxinas que editou este ano a Xunta de Galicia e que acolle o texto da escritora María Solar: O libro que tes ao lado, que as titorías que o desexen poderán ler durante a hora de ler.

Premede no marcapaxinas .

REVISTA CRIATURAS

Nova revista xuvenil en galego ... pero dixital.

A revista Criaturas é unha publicación dixital dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. 
Aquí vos deixamos o número cero:

Na marxe esquerda deixamos un enlace para que poidades acceder a vindeiros números.

venres, 10 de abril de 2015

27 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

O pasado día 27 de marzo, visitou o noso centro a compañía de teatro "Entreliñas" para facer con todo o alumnado de primaria una función de teatro improvisado, na que os nenos e nenas foron aportando as ideas para desenvolver a trama.