luns, 30 de abril de 2018

INVENTO DA SEMANA

Do 30 de abril ao 4 de maio:


venres, 27 de abril de 2018

MAIO DA DIVERSIDADE



No centro levamos varios cursos organizando a Semana da Diversidade e Orientación, pero este ano temos unha novidade, en lugar de centrar todas as actividades nunha semana imos a distribuilas ao longo de todo o mes. Pouco a pouco iremos presentándovos algunhas das actividades que estamos preparando e que van dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás familias.

VOLUNTARIADO DE LECTURA - A

Ao longo do curso participamos nas tres modalidades de voluntariado de lectura - a



MODALIDADE "A": COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA ESCOLAR

Dentro desta modalidade os nenos e nenas participaron organizando o acto de apertura da biblioteca, deseñando as bases para o concurso da Historia da Rata Honorata, reparto de mochilas viaxeiras informando sobre os seu funcionamento, préstamo de fondos durante o tempo de recreo, axuda na organización e benestar dos fondos.


MODALIDADE "B": LER CON... D. Lecturas compartidas dentro do centro.

En este apartado inclúense todas aquelas lecturas nas sesións de recreo, na "Hora de Ler", na biblioteca, lecturas compartidas nos corredores do centro, apadriñamento e amadriñamento lector na semana do Día do Libro, representacións de obras de teatro e outros traballos realizados na clase que implican busca de información, selección de fondos e exposición dos mesmos.






MODALIDADE "C": LER CON... F. Lecturas compartidas fóra do centro.

Finalmente nesta modalidade levouse a cabo a lectura na Escola de Eduación Infantil "A Capela" da parroquia de Carreira:


Lectura no centro de día de alzheimer de Ribeira:



Lecturas no centro "Ambar" e lecturas e dramatización no CEIP de Frións.



Dende o Recanto de Honorata moitas grazas a todos os nenos e nenas que participaron neste programa e parabéns polo traballo feito que sen dúbida quedará gravado nas súas retinas como experiencia de vida.

INVENTORA DA SEMANA


PREMER NA IMAXE

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO


Como ben sabedes, levamos varios cursos celebrando o día do libro co: 

AMADRIÑAMENTO E APADRIÑAMENTO LECTOR. 

Os nenos e nenas de 2º a 6º de educación primaria encárganse de ler aos mais pequenos un conto que poden coller da biblioteca ou traer das súas casas e lerllo nun lugar do centro que desexen durante o tempo do recreo. A verdade que esta é unha actividade que lle gusta moito tanto a grandes coma a pequenos.

Aínda que a actividade a imos a desenvolver o venres 4 de maio, ao longo da semana os nenos e nenas iranse organizando do seguinte xeito:

O luns 30 de abril cada madriña e cada padriño anotará na axenda o nome de cadansúa afillada/o e farase fincapé na importancia das habilidades sociais implicadas á hora de relacionarse coas nenas e nenos máis pequenos.

O mércores 2 de maio : as madriñas e padriños de 4º, 5º e 6º irán aos faladoiros de educación infantil e de primeiro a buscares ao seu/súa afillado/a e explicarlles a actividade. As madriñas e padriños saudarán,  presentaranse ao seu afillado/a, preguntándolle polo contido dos libros que máis lles gusta –entre outras cuestións que podan xurdir-. A continuación, convidarán ao seus afillado/a a que o/a acompañe á biblioteca para escoller xuntos/as o libro. 

O xoves 3 de maio, será a quenda do alumnado de 2º e 3º, que fará o mesmo que fixeron os seus compañeiros o día anterior.

O venres 4 de maio, as madriñas e padriños baixarán ás 11,15 a buscar súas afilladas/os, levando o libriño seleccionado previamente, e buscando e elixindo entre os/as dous un lugar para lelo con tranquilidade.

luns, 23 de abril de 2018

INVENTO DA SEMANA

Do 23 ao 27 de abril:



HISTORIA DA RATA HONORATA

Este curso a biblioteca organizou un concurso para decidir a historia de Honorata. 

Ao inicio de curso a rata Honorata fíxonos unha visita e contounos que ela non tiña historia, e precisaba da nosa axuda para ter unha. E propuxo a todos os nenos e nenas do cole que inventaran a súa historia e a deixaran na biblioteca dentro dunha caixiña. Os nenos e nenas de sexto leron todas as historias e decidiron que a historia elexida fora a seguinte:

A RATA HONORATA

Fai moitos anos naceu unha rata chamada Honorata nunha cova, na idade de pedra. Era a máis lista do mundo porque matou un dinosauro cunha mazá xigante e fabricou un queixo de pedra. A rata foi ao espazo, encontrou animais raros e plantas extrañas. Foi por mares a sitios nunca vistos un día de maruxía e moi forte vente, saíu ca súa dorniña e unha onda xigante lanzouna terra a dentro. Cando ó día seguinte espertou atopábase diante de unha porta de cór malva e resultou ser a porta da nosa biblioteca, en Aguiño. Cando a biblioteca abriu as portas a rata colouse nela e leu moitos contos. A xente viuna, e escorrentáronna tirándolle libros. A rata Honorata fuxiu moi rápido para o monte. Despois de pasar uns días e vivir alí, a rata Honorata mandou un paxaro a profe Nela, dicíndolle que ela non quería asustar a xente. A profe Nela, falou co resto das mestras e contoulles o que dixo Honorata; Que ela quería ler contos para contarllos ós nenos pequenos que non sabían ler e á xente maior que non vía ben as letras miudiñas. As mestras fixeron unha reunión para falarlles sobre a rata Honorata.
Despois de moito pensar, falar e dubidar, decantáronse pola mellor opción, a de deixala quedarse na nosa biblioteca.
E foi a mellor opción por que despois diso, todo cambiou na biblioteca. Os libros non eran libros eran valientes aventuras onde se embarcaban os nenos, as estanterias non eran estanterias, eran guaríanas que protexian os segredos da nosa biblioteca. Ademáis todo estaba máis limpo e ordeado. Foi unha decisión excelente, da que nunca se arrepentirán por eso decidiron nombrala: A MASCOTA DA BIBLIOTECA

MARTÍN VENTOSO 3º

venres, 20 de abril de 2018

mércores, 18 de abril de 2018

UN VÍDEO PARA REFLEXIONAR ...


Neuroeducación: por otra escuela


luns, 16 de abril de 2018

INVENTO DA SEMANA

Do 16 ao 20 de abril:




venres, 13 de abril de 2018

INVENTORA DA SEMANA


PREMER NA IMAXE

11 DE ABRIL: CONCERTO NEGRA SOMBRA

O pasado mércores, 11 de abril, celebramos na biblioteca un recital de poesía e un pequeno concerto, co que homenaxeamos a Rosalía de Castro, cantando o seu poema Negra Sombra, recitamos poemas de diferentes poetas e poetisas que a homenaxearon. 





E concluimos coa interpretación da canción Matriarcas de Guadi Galego.




Parabéns a todos/as os/as artistas!!!

luns, 9 de abril de 2018

INVENTO DA SEMANA

Do 9 ao 13 de abril:


venres, 6 de abril de 2018

INVENTORA DA SEMANA


PREMER NA IMAXE

xoves, 5 de abril de 2018

MATRIA

No contexto das conmemoracións do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, o equipo de biblioteca estivo a contactar co director de cine vigués Álvaro Gago, co obxecto de proxectar Matria, curtametraxe galardoada no Festival de Sundance, un festival de cine independente que desde o berce estivo apadriñado por Robert Redford. Álvaro Gago accedeu a pasarnos os códigos precisos para poder vela en streaming durante un día, moitas grazas pola túa xenerosidade!!!


Porque Matria no Proxecto de Innovación Lúas?


É de xustiza equilibrar a balanza entre as persoas que contribúen ao progreso do coñecemento, salientando tal e como estamos a facer o papel das mulleres no progreso da ciencia, mais sen esquecer as traballadoras anónimas que como Ramona -empregada dunha conserveira na beira sur da nosa ría- fan o pan cada día nunhas condicións de vida que, de seguro, resultarannos familiares.

Trailer:





Detrás das cámaras:



https://www.youtube.com/watch?v=dR6Yvr7HHok


Premios e recoñecementos:

FESTIVAIS: 

  • Sundance Film Festival, 2018 - Short Film Grand Jury Prize
  • Clermont-Ferrand Int. Short Film Festival, 2018
  • Valladolid Int. Film Festival (Seminci, 2017) - Best Spanish Short Film
  • ALCINE (Festival Int. de Alcalá de Henares, 2017) - Best Film & Best Actress
  • Festival Int. de Aguilar del Campoo, 2017 - Best Film & Best Actress
  • Festival de Cine Int. de Cartagena 2017 - Best Director
  • VIA XIV - Festival Int. de Cortometrajes de Verín - Best Director
  • Zubroffka Int. Short Film Festival 2017
  • Vilnius Int. Film Festival, 2018
  • Cineuropa (Santiago de Compostela, 2017)
  • Concurso Nacional de Cortometrajes CreatRivas, 2018
  • SACO, Semana del Audiovisual Contemporáneo de Oviedo, 2018


PRENSA:

PROXECTO LÚAS: RECURSOS

Como xa vos comentamos, a mestra de inglés do centro preparou unha charla para o alumando do centro titulada:  "Ciencia, Tecnoloxía e Conservación da Biodiversidade", aínda que para a comunidade dos maiores e dos pequenos tivo que ser aprazada, en breve este alumnado participará na actividade.

De seguido compartimos algúns enlaces para que poidades conectarvos en directo e así facer o seguemento en directo das aves que Clara nos presentou na charla.


Berry College:
https://livestream.com/accounts/11707815/events/4299357
 
Romeo&Juliette:
 
Harriet & M.15

 
Explore cams:

 
Cigüeña Alcalá:

 
Cigüeña Madrigal:

 
Achieva Osprey cam:

 
Savannah Osprey cam:

 
Cornell Lab cams:

 
Osprey: the ultimate fisher:

 
Golden eagle Scotland:

martes, 3 de abril de 2018

INVENTO DA SEMANA

Do 3 ao 6 de abril:


PRENSA E RECURSOS DO BARRIO.

Lembrade que no quiosqo do Barrio podedes atopar xornais e revistas en distintos idiomas. Tedes exemplares tamén da publicación do Papagaio.

Resultado de imagen de PAPAGAIO REVISTA





No café-teatro tedes caixas con materiais en galego e portugués para facer as vosas actuacións (adiviñas, poemas, chistes,…) e podedes escoitalas a través do códigos qr ou no aparato de música. Tedes a oportunidade de escoitar as cancións do timbre que tamén están recollidas na wiki da escola.

luns, 2 de abril de 2018

PORTAL DAS PALABRAS 3º TRIMESTRE

      Este trimestre as palabras escollidas fan referencia a inventos que están presentes no noso día a día, que foron feitos ao longo da historia por mulleres.

      Ao inicio da semana presentaremos o nome do invento, da invención,... e ao rematar a semana presentaremos á súa descubridora, de xeito que ao longo da semana teredes tempo para facer pesquisas e descubrir de quen se trata e coñecer algo da súa biografía.

      Agardamos que disfrutedes con esta actividade.



Hai que reivindicar o valor da palabra, poderosa ferramenta que pode cambiar o noso mundo.

William Golding

LUNS 9 de ABRIL: INICIO CLUB DE LECTURA 3º TRIMESTRE

Co inicio do terceiro trimestre en breve dará comezo o terceiro clube de lectura do curso. Nesta ocasión o libro escollido está editado por Xerais, o seu autor é Ramón Caride e leva por título:

PERIGO VEXETAL

É unha novela clásica de aventuras ambientada no ano 2075, entre Galicia, Arxentina e Suiza. Dous irmáns orfos, Sheila e Said, de 10 e 12 anos respectivamente,póñense en contacto cos " rapaces do pasado " para contarlles unha extraordinaria aventura. Viven nun muiño da parroquia de Loreda e descobren, gracias á rede informática universal, un plano para dominar o mundo, e loitarán ao longo de toda a novela para contrarrestalo. Escrita alternativamente en primeira persoa por cada un dos protagonistas, axiña descubriremos que a existencia dunha nova planta alimenticia, o supercereal SC-1, obtido por manipulación xenética, vai ser o eixo de toda a trama. Un supercereal creado por procedementos biotecnolóxicos que está deseñado para substituir outras plantas como o trigo, o centeo, o millo ou o arroz que eran, ata daquela, a base da alimentación humana. Ao redor desta noticia comezan a aparecer novas informacións que os alertarán sobre unha posible ameaza.