
mércores, 31 de maio de 2023
luns, 29 de maio de 2023
ONDAS E SURF. LIBERDADE SOBRE TÁBOAS.
Alex Sebastián de Grip Surf School estivo na nosa escola falándonos do deporte do surf, compartindo a súa experiencia cabalgando sobre as ondas do mar. É un deporte co que estamos moi familiarizados/as xa que forma parte da nosa paisaxe de litoral. Na biblioteca surfeamos sobre a teoría e en breve porémonos os traxes e iremos ata a praia a gozar dun día de salitre e taboas voadoras. Moitas grazas Alex Sebastián por transmitirnos a túa paixón por este deporte!
"VOLVERÁS, GOLFIÑO". REMATAMOS O LIBRO DE ANDREA MACEIRAS. PECHAMOS O CLUBE DE LECTURA "MEDIO PAN" ESTE CURSO.
"Volverás, Golfiño",foi un libro que encheu a biblioteca de misterios con sabor a salitre inspirados en historias reais da nosa costa.Puidemos sentir a resonancia do son dun faro, como ecos na néboa, alumeaban as páxinas e nos invitaban a ser naufragos/as das letras.
Como despedida do clube de lectura "Medio Pan", fixemos unha xoia-amuleto que ven podería levalo Iris nesta obra da escritora galega, Andrea Maceiras. A rosa do vento marca rumbos de lendas que aniñan xa no noso imaxinario. A rosa do vento e a canción tradicional "Alumea" interpretada por Sonia Lebedynski, acompañaranos nas bibliotecas persoais que pouco a pouco van habitando as nosas vidas.
ALUMEAME ALUMEA
ALUMEAME ALUMEA
ESTRELIÑA DA FORTUNA
ALUMEAME ALUMEA
MENTRAS QUE NON SAIA A LÚA.
O CANTAR DO ARRIEIRO
É UN CANTAR MOI BAIXIÑO
CANDO CANTA EN RIBADAVIA
RESOA NO CARBALLIÑO.
POR TI AGARDO NO TORREIRO
IMOS XUNTOS EMBARCARE
VOU CONTIGO MARIÑEIRO
BOTEI AO VENTO UN CANTARE.
VOU CONTIGO MARIÑEIRO
TRAVESÍA DOS CEN MARES
Letra: Tradicional / Sonia Lebedynski
MAIO DAS LETRAS GALEGAS AMARELAS, MAIO DE PAMPILLOS: MARGARIDA LEDO ANDIÓN E PILAR PALLARÉS.
E con esta entrada rematamos o MAIO DAS LETRAS GALEGAS AMARELAS. Sobres amarelos, remitentes poetisas amarelas, arte postal con caligramas amarelo, escritoras amarelas na obra de Fernando Fernández del Riego, obra fotográfica de Sabela Eiriz para por na biblioteca...flores amarelas nos camiños da infancia. Súmase unha obra da artista galega María Antonia Dans dunha nena con flores amarelas.
MARGARIDA LEDO ANDIÓN.
“Facer cinema é intervir, ocupar o espazo público sen pedir permiso, darlle rostro ao velado”.
“Canto á mirada feminista, un dos aspectos que me conmove é a creación dun ligame entre visión e tacto (…) É unha mirada que libera de tipos e estereotipos”.
PILAR PALLARÉS.
Luz de setembro,
sempre nun ritornello adolescente
(novo do trinque o mundo
nun planeta vello ).
Luz baixo as perfebas de novembro,
Ofelia adormecida na ribeira.
Lagoa de cristal no ceu de Advento.
Luz silenciosa
pulando da raíz até os paxaros,
inventando o verdor,
criando marzo
nas entrañas do tempo.
Luz pura do verán:
país da infancia.venres, 26 de maio de 2023
ECOLINGÜISMO: "RECEITAS PARA ACARIÑAR A LINGUA". LIBROS DE RECEITAS EN GALEGO NO AMBIENTE DE COCIÑA.
No ambiente de cociña, onde se fan ricas receitas podemos atopar libros de cociña en galego. Receitas para "acariñar a lingua".
Algunhas das adquisición deste curso son os seguintes:
A NATUREZA NA OBRA DE XULIA MINGUILLÓN. REFLEXIÓNS ARTÍSTICAS.
Na obra da artista galega Xulia Minguillón, podemos atopar exemplos de como a natureza foi unha das súas fontes de inspiración.
" TEÑO A NATUREZA, A ARTE E A POESÍA. SE NON É SUFICIENTE...QUE É O SUFICIENTE?- VAN GOGH.
XOGOS DE RODA: XOGOS DE INFANCIA QUE DEIXAN OS SEUS ECOS NOS PATIOS DAS ESCOLAS.
Hai xogos que aparentemente pasan desapercibidos pola súa cotianiedade. Sen embargo,para nós, os xogos de roda son parte da nosa identidade. Son rodas de grupos mixtos que equilibran as súas forzas para crear unha harmonía corporal e de sons a través das cancionciñas (tradicionais, inventadas...). Imos recollendo estas peciñas musicais dentro do Proxecto "Roda, rodando...ata a Capela voando". Títulos coma: Peido de lobo, Bruxa Bruxeira, Avelá...forman parte dos nosos pentagramas.
xoves, 25 de maio de 2023
O ARCO DA VELLA NA BIBLIOTECA. CHARLA DA CRUZ VERMELLA SOBRE LGTBI.
Hoxe a nosa biblioteca encheuse das cores do arco da vella. Cores da diversidade afectiva e sexual. Cores da vida.Hai tantas formas de amar e relacionarnos como persoas somos no planeta. Moitas grazas María e Patricia por compartir con nós os dereitos que temos como persoas! Moitas grazas por facer que a nosa pel de sociedade sexa máis sensible e respetuosa!






















.jpeg)
.jpeg)



















