Este curso vai chegando ao seu fín. Hoxe dende a Comunidade de Pequenos/as, despedimos ao clube "Amoras" moi agradecidos/as por todas as lecturas compartidas durante este ano.
Este curso vai chegando ao seu fín. Hoxe dende a Comunidade de Pequenos/as, despedimos ao clube "Amoras" moi agradecidos/as por todas as lecturas compartidas durante este ano.
No ambiente de Palabras (Identidade Lingüística na Comunidade de Pequenos/as) atópase o escritorio de Malala. Un espazo adicado ó dereito das nenas á educación, xa que somos coñecedores/as de como moitas rapazas no mundo están privadas deste dereito fundamental polo feito de nacer NENAS.
Cando nos visitan as familias colaboradoras, danse intres espontáneos máxicos de lectura entre nenos/as e adultos/as. Son instantes de vinculacións moi umbilicais.
"Volverás, Golfiño",foi un libro que encheu a biblioteca de misterios con sabor a salitre inspirados en historias reais da nosa costa.Puidemos sentir a resonancia do son dun faro, como ecos na néboa, alumeaban as páxinas e nos invitaban a ser naufragos/as das letras.
Como despedida do clube de lectura "Medio Pan", fixemos unha xoia-amuleto que ven podería levalo Iris nesta obra da escritora galega, Andrea Maceiras. A rosa do vento marca rumbos de lendas que aniñan xa no noso imaxinario. A rosa do vento e a canción tradicional "Alumea" interpretada por Sonia Lebedynski, acompañaranos nas bibliotecas persoais que pouco a pouco van habitando as nosas vidas.
ALUMEAME ALUMEA
Letra: Tradicional / Sonia Lebedynski
E con esta entrada rematamos o MAIO DAS LETRAS GALEGAS AMARELAS. Sobres amarelos, remitentes poetisas amarelas, arte postal con caligramas amarelo, escritoras amarelas na obra de Fernando Fernández del Riego, obra fotográfica de Sabela Eiriz para por na biblioteca...flores amarelas nos camiños da infancia. Súmase unha obra da artista galega María Antonia Dans dunha nena con flores amarelas.
MARGARIDA LEDO ANDIÓN.
“Facer cinema é intervir, ocupar o espazo público sen pedir permiso, darlle rostro ao velado”.
“Canto á mirada feminista, un dos aspectos que me conmove é a creación dun ligame entre visión e tacto (…) É unha mirada que libera de tipos e estereotipos”.
PILAR PALLARÉS.
Luz de setembro,
sempre nun ritornello adolescente
(novo do trinque o mundo
nun planeta vello ).
Luz baixo as perfebas de novembro,
Ofelia adormecida na ribeira.
Lagoa de cristal no ceu de Advento.
Luz silenciosa
pulando da raíz até os paxaros,
inventando o verdor,
criando marzo
nas entrañas do tempo.
Luz pura do verán:
país da infancia.
