No ambiente de cociña, onde se fan ricas receitas podemos atopar libros de cociña en galego. Receitas para "acariñar a lingua".
Algunhas das adquisición deste curso son os seguintes:
No ambiente de cociña, onde se fan ricas receitas podemos atopar libros de cociña en galego. Receitas para "acariñar a lingua".
Algunhas das adquisición deste curso son os seguintes:
Cando deseñamos un espazo na escola, non o deixamos en mans do azar, hai moitos bosquexos e ideas compartidas. Son espazos dentro dos ambientes pensados e reflexionados en base ás necesidades auténticas do alumnado, da comunidade educativa, ... isto aderezado con distintas conexións culturais que poidan existir, buscando sempre un mimo estético e de harmonía no conxunto do mesmo.
Este é o caso dun novo espazo da biblioteca central "Heroínas de Sálvora" da nosa escola. Quixemos proxectar un lugar que fora unha homenaxe tándem á infancia e as familias, onde poidan estar presentes diversas linguaxes fusionadas evocando a Loris Malaguzzi.
Na súa fundamentación máis romántica, familias e nenos/as danse a man a través da biografía de Paul Klee, artista elixido para o estampado central do sillón, posto que este autor elaboraba monicreques con todo tipo de materiais de reciclaxe e de desfeito para o seu fillo . Contáballe infinidade de contos e inventaban relatos conxuntamente.
As novidades que van chegando á biblioteca convírtense en recomendacións para toda a Comunidade Educativa expoñéndose no seu espazo correspondente. Nesta ocasión trátase dos novos libros de poesía. Poemas que xogan coas palabras convertíndoas en musicalidade e sentimentos compartidos.
- Macedonia de versos de Concha Blanco e Lidia Nokonoko.
- Pompas de cores de Miguel Anxo Romero e Leandro Lamas.
- O maio de Manuel Curros Enríquez e Blanca Millán.
-Versos de calendario de Juan Carlos Martín Ramos e Teresa Novoa.
-Bicos e non balas de Antonio García Teijeiro e Bea Gregores.
- A princesa de Taramundi de Xoan Babarro González e
- Poemas para niños chicos de Federico García Lorca e Elena Hormiga.