luns, 12 de xuño de 2023

CONCERTO DE XAVI LOZANO. A MAXIA MUSICAL DOS OBXECTOS DA VIDA COTIÁ.

 Rodas de bicicleta, mangueiras,escaleiras, tubos...Xavi Lozano é quen de convertir obxectos da vida cotiá en instrumentos e os seus sopros en música que agasallou ós nosos oidos. Foi un concerto cheo de pentagramas sorprendentes, un concerto que nos amosou un xeito de reinventar materiais, de cambiar datas de caducidade por novas vidas perennes e artísticas. Moitas grazas Xavi Lozano por visitar a nosa escola e conxugar o verbo reciclar con sensibilidade, simpatía e paixón!