mércores, 23 de maio de 2018

10 de MAIO: PRESENTACIÓN LITERARIA


O 10 de maio algúns nenos e nenas, xunto coa súa mestra, asistiron a unha presentación literaria organizada polo Concello de Ribeira no edificio Lustres Rivas. Nesta xuntanza Ánxela Gracián, presentou o seu libro: DOCE CARTAS A MARÍA VICTORIA MORENO, editado por Hércules de Ediciones e ilustrado por Antonio Seijas.     

                                                                                                    Doce cartas a María  Victoria Moreno é unha biografía  novelada narrada por un dos seus personaxes mais entrañables, o lobo Garimoso, ese que no seu libro Mar adiante pasa varias noites coa nena Mariquiña sen comela, porque ela soñouno bondadoso.


Ao remate da presentación agasallouse aos asistentes cun exemplar da obra.  

Compartimos con vós unha imaxes da presentación:





23 de ABRIL: AMADRIÑAMENTO E APADRIÑAMENTO LECTOR.

Con motivo do Día do Libro, o venres 4 de maio, repetimos a experiencia do Amadriñamento e Apadriñamento Lector, e aquí vos deixamos algunhas imaxes deste día.


Neste álbum amosamos o momento no que os nenos e nenas de 2º a 6º de primaria se presentan aos seus afillados e afilladas e os acompañan á biblioteca para escoller o libro que mais lle guste para a lectura.



E este álbum amosa imaxes do desenvolvemento do Amadriñamento e Apradriñamento lector.

luns, 21 de maio de 2018

INVENTO DA SEMANA

Do 21 ao 25 de maio:


mércores, 16 de maio de 2018

INVENTORA DA SEMANA


PREMER NA IMAXE

luns, 14 de maio de 2018

INVENTO DA SEMANA


Do 14 ao 16 de maio:


venres, 11 de maio de 2018

INVENTORA DA SEMANA


PREMER NA IMAXE

RECURSOS LETRAS GALEGAS: MARÍA VICTORIA MORENO
















AUTOCOLANTES DO MES DE MAIO.

Ao longo deste mes repartiremos diferentes autocolantes nos que intentamos fusionar arte, poesía, vida da nosa escola, da nosa parroquia, referencias ao proxecto de Lúas....


AMBIENTE DO BARRIO:


Queremos invitar a que avós e avoas nos veñan a contar cousiñas de como era antes Aguiño, como eran os establecementos,...



AMBIENTE DE MÚSICA E DANZA:


Invitamos a familiares que toquen algún instrumento para que veñan a facelo neste ambiente. Ilustramos este espazo cunha obra de Matisse e un poema de Fernando Pessoa.


AMBIENTE DE COSTURA:


 Queremos destacar a importancia das costureiras e redeiras como ocupacións moi importantes nas familias da nosa parroquia. Ilustamos esta importancia cunha obra e un escrito de Carlos Maside.

luns, 7 de maio de 2018

INVENTO DA SEMANA

Do 7 ao 11 de maio:



venres, 4 de maio de 2018

INVENTORA DA SEMANA


PREMER NA IMAXE