mércores, 23 de maio de 2018

10 de MAIO: PRESENTACIÓN LITERARIA


O 10 de maio algúns nenos e nenas, xunto coa súa mestra, asistiron a unha presentación literaria organizada polo Concello de Ribeira no edificio Lustres Rivas. Nesta xuntanza Ánxela Gracián, presentou o seu libro: DOCE CARTAS A MARÍA VICTORIA MORENO, editado por Hércules de Ediciones e ilustrado por Antonio Seijas.     

                                                                                                    Doce cartas a María  Victoria Moreno é unha biografía  novelada narrada por un dos seus personaxes mais entrañables, o lobo Garimoso, ese que no seu libro Mar adiante pasa varias noites coa nena Mariquiña sen comela, porque ela soñouno bondadoso.


Ao remate da presentación agasallouse aos asistentes cun exemplar da obra.  

Compartimos con vós unha imaxes da presentación:





Ningún comentario: