venres, 11 de maio de 2018

AUTOCOLANTES DO MES DE MAIO.

Ao longo deste mes repartiremos diferentes autocolantes nos que intentamos fusionar arte, poesía, vida da nosa escola, da nosa parroquia, referencias ao proxecto de Lúas....


AMBIENTE DO BARRIO:


Queremos invitar a que avós e avoas nos veñan a contar cousiñas de como era antes Aguiño, como eran os establecementos,...



AMBIENTE DE MÚSICA E DANZA:


Invitamos a familiares que toquen algún instrumento para que veñan a facelo neste ambiente. Ilustramos este espazo cunha obra de Matisse e un poema de Fernando Pessoa.


AMBIENTE DE COSTURA:


 Queremos destacar a importancia das costureiras e redeiras como ocupacións moi importantes nas familias da nosa parroquia. Ilustamos esta importancia cunha obra e un escrito de Carlos Maside.

Ningún comentario: