xoves, 24 de maio de 2018

AVISOS VARIOS

O mes de maio está chegando ao seu fin, e con el alguns dos servizos e actividades que ofrece a biblioteca tamén están remantando ou xa remataron:

  • O pasado luns, 21 de maio, rematou  o clube de lectura do terceiro trimestre. Dende o Recanto de Honorata queremos agradecer a participación de tódolos/as nenos/as e mestras/es, tanto neste clube coma nos do primeiro e o segundo trimestre, pois sen eles/as non sería posible a súa realización.
  • As mochilas viaxeiras, pronto deixarán de visitar as casas do alumnado, pero só por un tempo, xa que para o vindeiro curso de seguro que virán cargadas de interesantes lecturas, actividades,... moitas grazas a tódalas familias pola súa implicación e colaboración para que a actividade se poida levar a cabo.
  • O vindeiro 31 de maio finalizará a apertura da biblioteca durante as tardes, xa que é tempo de revisar se tódolos fondos volveron ao seu andel.

Ningún comentario: