CHEMA MADOZ
O vindeiro martes, 7 de novembro, ás 16 horas, celebraremos un ano máis a Xornada de Portas Abertas da biblioteca do CEIP Heroínas de Sálvora, na que presentaremos o proxecto de innovación deste ano, animaremos ás familias a participar na organización e xestión da biblioteca, así como unha utilización máis activa dos seus recursos.
Aproveitaremos a xornada para proxectar a película Figuras Ocultas (2016), que está directamente relacionada cos contidos do proxecto de innovación deste ano.
Lembrarvos tamén que o 24 de outubro foi a data na que se conmemora o Día das Bibliotecas Escolares, polo que o vindeiro martes 7 de novembro repartiremos un autocolante que recolle a presentación do proxecto de poesía iniciado este curso: POETIZAR A ESCOLA, POETIZAR A VIDA (do que vos daremos máis información en outra entrada do blogue) e a celebración do Día das Bibliotecas Escolares.

Esta obra de Chema Madoz foi escollida por diversas razóns:
- Por ser un poeta visual de vangarda, referente a nivel mundial pola súa xenial creación e sensibilidade.
- Pola presenza da Lúa ligado ao Proxecto anual da escola.
- Por ser unha Lúa convertida en un Gong que marca cunha poesía o inicio diario dos nosos faladoiros.
- Pola sensibilidade que se recolle nesta obra asociada a educar na sensibilidade a través da poesía.
-Pola indiscutible vinculación da poesía coas bibliotecas.
A imaxe vai acompañada por este pensamento de Juan Ramón Jiménez, onde fala da "contemplación", acción de vital importancia que esquecemos moitas veces.
Contamos con vós!!! E agradecemos de antemán a vosa asistencia.