venres, 24 de novembro de 2017

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Con motivo desta conmemoración no centro repartimos un autolocante  cunha imaxe de Margaret Keane titulada LÚA AZUL, nos engadímoslle "reMATAR" xogando coa palabra en positivo como  a necesidade de "rematar" con esta lacra, e por outra banda, xógase coa idea de "re-matar" enfatizando a acción de "repetir" esta morte cada vez que hai unha situación de maltrato, é dicir, unha muller que é maltratada morre repetidas veces.



Para reflexionar sobre esta data, xa que subiron a 11 o número de mulleres asasinadas así coma de nenos, elaborouse unha presentación de Margaret Keane, que nos servirá para traballar ao longo de todo o curso.



Porque se preparou a presentación da obra de Margaret Keane?



Porque é unha muller anulada como cidadá, como muller, como artista...polo seu marido que lle roubaba a autoría das obras e a dignidade como mullerMáis alá da estética da obra que pode resultar "edulcorada" está a historia de vida que late detrás e que pode ser de interese para traballar. O protagonismo dos nenos/as na súa obra, pode abrir unha porta de reflexión e sensibilización para falar deste tema nas aulas.

A presentación ten varias partes: unha obra dividida que pode ser obxecto de descrición, de sensacións..., oito obras onde aparecen escenas de nenos/as; oito obras onde os nenos/as parecen están observando unha situación e finalmente oito obras onde aparecen chorando. Estas obras de nenos/as poden servir para falar que sobre a violencia machista onde a padecen as mulleres, os fillos/as, os familiares...e sen lugar a dúbidas é un problema de toda a sociedade, e pola tanto da escola.
Dicir tamén que como hai un neno máis asasinado saliéntase o número 8 en toda a presentación.

Estase montando unha instalación no corredor, no que se exporá a obra de Margaret Keane. Cando este rematada compartiremos imaxes da mesma.

O cartel tamén inclúe un poema de A.García Teijeiro, posto que é un xeito de sumarnos ás voces contra o maltrato, aínda que non suframos esta lacra en primeira persoa, é un problema de todos e todas. Os datos son tremendamente escalofriantes.



A PRIMEIRA
                PERSOA
                 DO  SINGULAR
DEIXOU
                  DE CONXUGAR
O VERBO SENTIR
PARA UNIRSE
                     ÁS VOSAS
E CREAR O PLURAL
DUNHA CONXUGACIÓN
                       FERMOSA:
                          “NOS SENTÍMONOS”.                                          
                                         
                                                                       (A.García Teijeiro)

Ningún comentario: