quinta-feira, 9 de março de 2017

SEMANA DE ROSALÍA



Para commemorar o seu día, ao longo da semana do 20 ao 24 de febreiro organizáronse obradoiros para todo o alumnado do centro, que se levaron a cabo co alumnado agrupado de xeito mixto dentro de cada comunidade. 

No deseño das distintas actividades tivemos en conta a figura de Rosalía e a súa poesía, a presenza da arte e das novas tecnoloxías.


Na comunidade dos pequenos as actividades propostas foron:

-Facer paisaxes rosalianos con elementos naturais.
-Acrósticos do nome de cada neno/a a partir do nome de Rosalía.
-Elaboración dun marcapáxinas.
-Construccións rosalianas.
-Ver a través do ollo de Rosalía.


Na comunidade dos medianos:
-Acrósticos, caligramas e ilustración de poesía.
-Micropoemas e emotirosalía.
-Creación poética por sustitución e Edilim "Parece unha rosa".
-Verbas rosalianas (rap) e collage.

Na comunidade dos grandes:
-Obradoiro coa aplicación aurasma.
-Lipdub rosaliano.
-Elaboración de broches a partir do ollo de Rosalía.
-Obradoiro de poesía creativa. 

Aquí vos deixamos unhas imaxes dalgunhas das actividades propostas:

SEMANA DE ROSALIA by Slidely Slideshow

 






E para rematar a semana, desfrutamos dun concerto de poemas de Rosalía, interpretado polos mestres: Fran, Sonia e Marian e os nenos e nenas de 5º de primaria.




Parabéns polo voso bo facer.

Sem comentários: