martes, 7 de marzo de 2017

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA


“MULLERES ARTISTAS, MULLERES INVISIBLES”

Este curso adícase o día da Muller traballadora ás MULLERES ARTISTAS. Mulleres que na gran maioría dos casos non son nomeadas nas páxinas da historia da humanidade, non son estudadas, non  son visibles nin visibilizadas, non son valoradas… e de selo están sempre en minoría con respecto aos homes. Mulleres que non ocupan espazos nos libros, nas programacións,… mulleres artistas, mulleres invisivilizadas.

É moi importante crear espazos e tempos para falar de mulleres artistas en distintos ámbitos: pintura, escultura, poesía, cine, música ….e reflexionar sobre esta invisibilidade.

Ao longo destes cursos estamos intentando darlle ao noso alumnado referentes de mulleres artistas: Sheila Hicks (cando fixemos as boliñas de lá en arte textil), Judith Scott (muller con síndrome de down), Yayoi Kusama, Frida, Maruja Mallo…) Tivemos a oportunidade de coñecer a distintas artistas como pode ser a Laura Piñeiro http://www.laurapineiro.com/

O autocolante deste curso está inspirado nunha obra de Tamara de Lempicka, que vai acompañada dun versos de Sophia de Mello Breyner :

Ressurgiremos ali onde pedra estrela e tempo
São o reino do homem
Ressurgiremos para olhar para a terra de frente
Na luz limpa de Creta

Este é o poema enteiro:

Ressurgiremos

Ressurgiremos ainda sob os muros de Cnossos
E em Delphos centro do mundo
Ressurgiremos ainda na dura luz de Creta

Ressurgiremos ali onde as palavras
São o nome das coisas
E onde são claros e vivos os contornos
Na aguda luz de Creta

Ressurgiremos ali onde pedra estrela e tempo
São o reino do homem
Ressurgiremos para olhar para a terra de frente
Na luz limpa de Creta

Pois convém tornar claro o coração do homem
E erguer a negra exactidão da cruz
Na luz branca de Creta

Eliximos esta obra por varias razón: 
-          Porque a súa autora é unha muller.
-          Porque era bisexual, polo que existe unha conexión co Proxecto Nenúfares.
-          Porque na obra aparece unha muller.
-          Porque aparecen unhas cadeas que pode ser un obxecto que permite falar sobre “cadeas machistas históricas”, “cadeas da invisibilidade”
-          Porque é na obra da artista aparecen espidos de mulleres con volumes.


A proposta para traballar esta conmemoración non se reduce ao propio día, senón que cada aula dedidirá o tempo que lle adica, para traballar o tema con tranquilidade e en cada unha traballarase o tema como se desexe:
Visualizando varios exemplos.
Facendo investigacións sobre distintas mulleres (vida e obra)
Partindo da obra de Lempicka
Centrándose na obra de Maruja Mallo xa que se lle adica este ano 2017
Facer obras inspirándonos en artistas coma Niki de Saint Phalle , que pode conectar moi ben co proxecto de nenúfares polas súas cores e pola búsqueda da igualade entre homes e mulleres que reinvidicaba cas súas obras (por exemplos as Nanas)
Podemos traballar a obra de O´Keeffe xa que traballa o tema das flores (como os nenúfares) con efecto zoom , interpretadas en moitas ocasións como alusións á sexualidade. Foi unha das pioneras da arte feminista. 

De seguido compartimos un pequeno recopilatorio de enlaces:


https://www.slideshare.net/tetedelrio/mulleres-galegas (mulleres en varios ámbitos ademais do artístico)







Ningún comentario: