Hoxe, luns 13 de marzo, rematou o clube de lectura cunha sesión moi especial, pois tivemos una conexión por "Skype", con Patricia Mallo, a autora do libro.
Camila comezou a conexión presentando ao grupo e ao colexio no que estamos.
E despois Patricia foi contándonos, entre outras moitas cousas, cómo xurdiron as primeiras ideas do libro, como o escribiu, cales foron as súas fontes de inspiración, os pasos para publicar un libro, que está traballando en outra historia, ...
E despois tocoulle a quenda aos nenos e neas, que aproveitaron para facerlle unha morea de preguntas relacionadas có libro, aquí podedes velos en acción.
E despois desta grande experiencia, e de ter desfrutado moitoooooo coa lectura do libro, soamente nos queda despedirnos e agradecer a implicación destes pequenos pero grandes lectores na actividade.
Grazas a Patricia por adicar un anaco do teu tempo a respostar as nosas preguntas.
E grazas tamén a Pichi, da Editorial Galaxia, por facer posible esta conexión.