sábado, 3 de xuño de 2023
venres, 2 de xuño de 2023
" A QUE SABE A LÚA?" REPRESENTACIÓN TEATRAL DE MONICREQUES PARA AS AVOAS DE AGADEA.
Hoxe o Café-Teatro vestiuse de gala para recibir ás avoas e traballadores/as de AGADEA. A Comunidade de Medianos/as representou o conto "A que sabe a lúa?" con monicreques elaborados por eles/as. A obra foi preparada co profe Gonza nos seus obradoiros de teatro.
Foi un día moi especial cheo de emocións interxeracionais, onde a sabiduría da experiencia da vida do noso público de luxo, misturóuse coa literatura convertida nun guión teatral . Moitas grazas por vir á nosa escola! Grazas ao persoal profesional de AGADEA por facilitarnos estas experiencias tan enriquecedoras para educar na sensibilidade conxuntamente!
Este poema queremos adicarllo a todos os avós e avoas que cortaron as silverias dos camiños para que nos poidamos aprender a andar sen mancarnos:
O ESCRITORIO DE MALALA NO AMBIENTE DE PALABRAS: UN ESPAZO PARA CREAR E REINVINDICAR.
No ambiente de Palabras (Identidade Lingüística na Comunidade de Pequenos/as) atópase o escritorio de Malala. Un espazo adicado ó dereito das nenas á educación, xa que somos coñecedores/as de como moitas rapazas no mundo están privadas deste dereito fundamental polo feito de nacer NENAS.
ESCOLA ABERTA: FAMILIAS EXPERTAS.
Os nosos coñecementos seguen ampliándose grazas ás visitas das familias expertas que preparan charlas,obradoiros... sobre distintos temas.
José Antonio, pai de Martín, contóunos distintas cuestións sobre a arquitectura achegándonos planos, maquetas...Juan, o pai de Hugo, mostróunos o seu uniforme de traballo e explicounos como velan pola seguridade da cidadanía como garda civil. Fernando e Nieves , pai e nai de Fernando e Dani agasalláronnos coa música dos seus instrumentos e Puri, nai de Diego, ensinounos a facer unhas deliciosas receitas no ambiente de cociña.
Moitas grazas a todos e todas por adicarnos o voso tempo, saberes que nutren todos os nosos sentidos!
xoves, 1 de xuño de 2023
AMBIENTE DE RELAXACIÓN E AUTOCOÑECEMENTO: VAGALUMES.
Este curso inaguramos o ambiente de Vagalumes, xestionado polo Departamento de Orientación. Este é un espazo acondicionado para sesións de relaxación,ioga, mindfulness, ...onde os nenos e as nenas poden atopar diversos recursos para o seu autocoñecemento e xestión emocional.
PUNTO HEROÍNAS "ÁNXELES ALVARIÑO" NO AMBIENTE DE NATUREZA.
Este curso salientamos relacionado co proxecto de Tiébélé, no Punto Heroínas "Ánxeles Alvariño" o libro de "Mujeres negras en la ciencia" de Zinthia Palomino y Nina Sefcik.

























.jpg)





.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)







