xoves, 7 de xuño de 2018

OBRADOIROS CIENCIA EN RUTA

O luns 4 e o martes 5 de xuño desenvolvemos no centro os obradoiros de ciencia sobre a dixestión para a comunidade dos pequenos e para medianos e maiores a actividade centrouse na Lei da gravitación universal de Newton, na construcción de cohetes con materias de refugallo e no seu lanzamento.

Compartimos con vós unhas imaxes das actividades:

OBRADOIRO SOBRE A DIXESTIÓN:
biblioteca de aguinho de  Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

OBRADOIRO FABRICACIÓN DE COHETES:
biblioteca de aguinho de  Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

luns, 4 de xuño de 2018

INVENTO DA SEMANA

Do 4 ao 8 de xuño:


domingo, 3 de xuño de 2018

PLAN PROXECTA "DONAS DE SI".

Queremos compartit o cartel do Plan Proxecta "Donas de si", que no noso centro titulamos:

 "TesELAS: mosaicos incompletos".

 Mosaicos da historia da humanidade onde nos roubaron as teselas do noso existir.

No cartel recóllense uns versos da poetisa portuguesa Florbela Espanca, escritora precursora de movementos feministas, sobre unha obra de Paul Klee. Os versos falan de "ecos" ecos de voces femininas que non lle chegan ao noso alumnado a través dos libros,... ecos silenciados, ecos de teselas de mosaicos incompletos.

Agardamos que sexa do voso agrado.


venres, 1 de xuño de 2018

INVENTORA DA SEMANA


PREMER NA IMAXE

luns, 28 de maio de 2018

INVENTO DA SEMANA

Do 28 de maio ao 1 de xuño:



venres, 25 de maio de 2018

INVENTORA DA SEMANA


PREMER NA IMAXE

xoves, 24 de maio de 2018

NOVIDADES MES DE MAIO

    

  

 

 

 

   

  

  

 

 

  

  


OBRADOIROS: CIENCIA EN RUTA

Ciencia en Ruta
O curso está chegando ao seu fin e o Proxecto Lúas tamén, por iso pensamos que o mellor xeito de clausuralo é cuns obradoiros que xiran en torno á ciencia.

Para a comunidade dos/as pequenos/as o obradoiro xirará sobre a dixestión humana.

Na comunidade dos/as medianos/as o obradoiro será sobre os foguetes.

E na comunidade dos/as maiores os submarinos serán o obxeto do obradoiro.

Ciencia en ruta será a empresa encargada de levar a cabo estes obradoiros durante os días 4 e 5 de xuño.

AVISOS VARIOS

O mes de maio está chegando ao seu fin, e con el alguns dos servizos e actividades que ofrece a biblioteca tamén están remantando ou xa remataron:

  • O pasado luns, 21 de maio, rematou  o clube de lectura do terceiro trimestre. Dende o Recanto de Honorata queremos agradecer a participación de tódolos/as nenos/as e mestras/es, tanto neste clube coma nos do primeiro e o segundo trimestre, pois sen eles/as non sería posible a súa realización.
  • As mochilas viaxeiras, pronto deixarán de visitar as casas do alumnado, pero só por un tempo, xa que para o vindeiro curso de seguro que virán cargadas de interesantes lecturas, actividades,... moitas grazas a tódalas familias pola súa implicación e colaboración para que a actividade se poida levar a cabo.
  • O vindeiro 31 de maio finalizará a apertura da biblioteca durante as tardes, xa que é tempo de revisar se tódolos fondos volveron ao seu andel.

2 de MAIO: EXPERIENCIA NO SÁHARA

O mércores 2 de maio, ás 12 horas, na biblioteca tivo lugar unha charla a cargo de Rubén, o pai de Andrés, un neno de 4º de Educación Primaria, na que nos falou sobre a súa experiencia levando ao Sáhara Occidental recursos básicos (calzado, conservas, alimentos non perecedoiros,...) para as persoas que están a vivir unha situación tan difícil. No seu percorrido foron pasando por diferentes poboados nos que ían deixado todo aquelo que levaban, axudaron a quen o precisou co seu camión,... despois de escoitar a Rubén sólo nos queda agradecerlle de todo corazón que viñese a compartir con nós a súa experiencia!!!