luns, 12 de marzo de 2018

CIENTÍFICA DA SEMANA

12 - 16 de Marzo


PREME NA IMAXE

mércores, 7 de marzo de 2018

PRÓXIMAS ACTIVIDADES PROXECTO LÚAS.

O equipo de biblioteca infórmavos das vindeiras actividades:

  • Poema musicado de Rosalía de Castro, Negra Sombra, e recital de poemas para homenaxeala -tantos da propia autora como doutros poetas e poetisas que a homenaxearon.
      A data desta actividade está por determinar, xa que depende da evolución          dos ensaios.

  • "A ciencia e a tecnoloxía ó servizo da divulgación e da conservación da biodiversidade". Charla impartida pola nosa compañeira Clara.

               Comunidade dos/as maiores: mércores 7 de marzo.
               Comunidade dos/as medianos/as: mércores 14 de marzo.
               Comunidade dos/as pequenos/as: mércores 21 de marzo.

  • "A muller e a ciencia", charla de Ana Butrón, investigadora de CSIC. Martes 13 de marzo para a comunidade dos/as maiores.

  • "As prantas sinten e padecen". Charla impartida por Luis Sampedro, investigador do CSIC. Xoves 15 de marzo para a comunidades dos/as maiores.

PROPOSTA: TOCAR A LÚA


Esta semana invitamos a todas as familias que o desexen a que fagan lúas con distintas texturas xogando coa idea de "tocar a lúa". Serán sobre soportes duros (cartón, madeira, plástico...) podendo pegarlle gran diversidade de materiais: botóns, follas,... 

Con todas elas decoraremos os corredores e a biblioteca. 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

8 de MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Compartimos o cartel que deseñamos para o Día da Muller Traballadora.

A obra escollida é de Díaz Pardo, autor que se está traballando en Conversas Artísticas e ademáis esta obra será pintada na porta do "Barrio". Nesta obra aparece un elemento moi significativo da cultura galega coma son "os pesos" enriba da cabeza das MULLERES.

Os versos son de António Ramos Rosa, onde a sombra está presente, sombra que nos persigue constantemente como mulleres en todos os ámbitos. Podemos vinculala á canción de "Negra sombra" que poderemos escoitar esta semana no timbre musical.

E decidiuse utilizar a frase de uso popular "tocar a lúa" pola súa vinculación co proxecto anual "Lúas", e porque se utiliza como sinónimo de éxito, de chegar a metas  de renome... facendo claramente referencia ao "teito de cristal".

Agardamos que sexa do voso agrado.




luns, 5 de marzo de 2018

CIENTÍFICA DA SEMANA

5 - 9  de Marzo


luns, 26 de febreiro de 2018

CIENTÍFICA DA SEMANA

26 de Febreiro - 2 de Marzo

PREME NA IMAXE

luns, 19 de febreiro de 2018

MODIFICACIÓN DO HORARIO DE APERTURA DA BIBLIOTECA



Informamos a toda a comunidade educativa do CEIP Heroínas de Sálvora, que a partires de hoxe e ata novo aviso, a biblioteca permanecerá pechada os martes de 9 a 11 da mañá

Moitas grazas e desculpade as molestias.

CIENTÍFICA DA SEMANA

19 - 23 de Febreiro

PREME NA IMAXE

xoves, 15 de febreiro de 2018

CIENTÍFICA DA SEMANA

15 - 16 de Febreiro


PREME NA IMAXE

martes, 13 de febreiro de 2018

RECURSOS: DIA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.


Compartimos algúns recursos para traballar sobre o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia:

Resolución das Nacións Unidas: (premer na imaxe)




Artigos de prensa: (premer nas imaxes para acceder).












Vídeos:








Libros e películas: