quarta-feira, 7 de março de 2018

8 de MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Compartimos o cartel que deseñamos para o Día da Muller Traballadora.

A obra escollida é de Díaz Pardo, autor que se está traballando en Conversas Artísticas e ademáis esta obra será pintada na porta do "Barrio". Nesta obra aparece un elemento moi significativo da cultura galega coma son "os pesos" enriba da cabeza das MULLERES.

Os versos son de António Ramos Rosa, onde a sombra está presente, sombra que nos persigue constantemente como mulleres en todos os ámbitos. Podemos vinculala á canción de "Negra sombra" que poderemos escoitar esta semana no timbre musical.

E decidiuse utilizar a frase de uso popular "tocar a lúa" pola súa vinculación co proxecto anual "Lúas", e porque se utiliza como sinónimo de éxito, de chegar a metas  de renome... facendo claramente referencia ao "teito de cristal".

Agardamos que sexa do voso agrado.




Sem comentários: