luns, 20 de novembro de 2017

PALABRA DA SEMANA

20 - 24 de Novembro.


mércores, 15 de novembro de 2017

PLAN PROXECTA: "DONAS DE SI"

Este curso tamén participaremos no plan proxecta co proxecto de centro que leva por título:

  "TesELAS: mosaicos incompletos"

con este título quérese recoller a idea do mosaico da historia do pensamento e da memoria colectiva, visibilizar como está incompleto sen as teselas con nome de mulleres nas artes, nas ciencias, na literatura, ... polo que está relacionado e inclúe ao proxecto Lúas: ciencia comprometida, ciencia transformadora. Así como terá en conta a perspectiva de xénero, igualdade de oportunidades, referentes en todos os ámbitos, intervencións sobre a violencia machista,...

luns, 13 de novembro de 2017

PALABRA DA SEMANA

13 - 17 de Novembro.


domingo, 12 de novembro de 2017

POETIZAR A ESCOLA, POETIZAR A VIDA.

“Poesía é a unión de dúas palabras que un xamais suposo que puideran xuntarse, e que forma algo así como un misterio.”
 García Lorca

Este curso a nivel de centro propúxose unha nova dinámica: Poetizar a escola, poetizar a vida. Que consiste en empezar cada día o faladoiro coa lectura dun poema.

Os poemas seleccionados poden ser de temas variados, poden ser lidos polo profesorado, polo alumnado, poden traelos da casa,... e dado que os poemas son obxectos artísticos en sí mesmos que nos producen sensacións, sentimentos, desenvolven a nosa sensibilidade, ... non será preciso estudialos e analizalos, aínda que si se considera preciso poderase profundizar nos que creamos que debemos facelo.

Aínda que na biblioteca contamos con algúns fondos de poesía e unha recompilación de poemas sobre o mar (feita por unha compañeira do centro) que pode servir para presentar os mares da lúa.

Na rede tamén atopamos algúns recursos que consideramos que son interesantes:

Blog feito no centro, en infantil, onde podedes atopar algúns poemas sobre a lúa e o mar (para falar dos mares da lúa).

Páxina de poesía musicada

LÚAS: RECURSOS

Seguimos compartindo recursos relacionados co proxecto anual deste curso, nesta ocasión trátase dun enlace a unha wiki feita fai un tempo polo profesorado de educación infantil, nela atoparedes obras onde aparece a lúa, é unha presentación monográfica sobre o firmamento na obra de Miró.

COLECCIÓN DE OBRAS DE ARTE ONDE APARECE A LÚA


 

mércores, 8 de novembro de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS


A partir de hoxe, as mochilas viaxeiras empezan a visitar as casas de todos os nenos e nenas do colexio, agardamos que os contidos das mesmas resulten interesantes tanto a grandes como a pequenos e que vos fagan pasar bos momentos en familia.

luns, 6 de novembro de 2017

PALABRA DA SEMANA

6 - 10 de Novembro.


venres, 3 de novembro de 2017

LÚAS: RECURSOS

Recomendámosvos o programa "Ellas", adicado á investigadora Margarita Salas. 


Preme na imaxe para ver o documental.

7 de NOVEMBRO: XORNADA DE PORTAS ABERTAS


CHEMA MADOZ


O vindeiro martes, 7 de novembro, ás 16 horas, celebraremos un ano máis a Xornada de Portas Abertas da biblioteca do CEIP Heroínas de Sálvora, na que presentaremos o proxecto de innovación deste ano, animaremos  ás familias a participar na organización e xestión da biblioteca, así como unha utilización máis activa dos seus recursos. 


Aproveitaremos a xornada para proxectar a película Figuras Ocultas (2016), que está directamente relacionada cos contidos do proxecto de innovación deste ano.

Lembrarvos tamén que o 24 de outubro foi a data na que se conmemora o Día das Bibliotecas Escolares, polo que o vindeiro martes 7 de novembro repartiremos un autocolante que recolle a presentación do proxecto de poesía iniciado este curso: POETIZAR A ESCOLA, POETIZAR A VIDA (do que vos daremos máis información en outra entrada do blogue) e a celebración do Día das Bibliotecas Escolares.



Esta obra de Chema Madoz foi escollida por diversas razóns:


- Por ser un poeta visual de vangarda, referente a nivel mundial pola súa xenial creación e sensibilidade.
- Pola presenza da Lúa ligado ao Proxecto anual da escola.
- Por ser unha Lúa convertida en un Gong que marca cunha poesía o inicio diario dos nosos faladoiros.
- Pola sensibilidade que se recolle nesta obra asociada a educar na sensibilidade a través da poesía.
-Pola indiscutible vinculación da poesía coas bibliotecas.


A imaxe vai acompañada por este pensamento de Juan Ramón Jiménez, onde fala da "contemplación", acción de vital importancia  que esquecemos moitas veces.


Contamos con vós!!! E agradecemos de antemán a vosa asistencia.

xoves, 2 de novembro de 2017

PRESENTACIÓN DO BARRIO!!!




Este curso, inauguramos un ambiente na comunidade de medianos/as e maiores, que recrea un Barrio. Nel podemos atopar distintos establecementos: 

  • O ultramarinos:





  • Axencia de viaxes.



  • Oficina de correos.

  • Óptica e farmacia.


















  • Clínica:



  • Café-teatro:



Na comunidade de pequenos/as xa sabedes que está o ambiente de Aquelar onde a identidade é a vida cotiá, polo que podemos atopar servizos comunitarios (supermercado, clínica, carpintería e perruquería) e a vida doméstica onde está recreada unha casa con todas as súas dependencias.  











Podedes vir a visitar estes dous ambientes, e se estades interesados/as podedes formar parte da Comisión de familas do Barrio. Animádevos!!!