martes, 10 de xaneiro de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS


Co inicio do novo trimestre o equipo de biblioteca volveu a poñer en funcionamento as "MOCHILAS VIAXEIRAS", coas que queremos achegar un anaquiño da biblioteca a tódolos fogares, pois nelas van: libros de información, contos, música, libros para as familias,... agardamos que disfrutedes da súa presenza nas vosas casas.

Aproveitamos para lembrarvos que podedes visitar a biblioteca no seguinte horario:

  • De luns a xoves de 16 a 18 horas*.
  • Os martes e xoves de 9 a 10 horas. 

* os martes: 31 de xaneiro, 28 de febreiro, 28 de marzo, 25 de abril e 30 de maio a biblioteca non abrirá polas tardes xa que se levarán a cabo as sesións de " Escola de familias".

Ningún comentario: