- Ver a curtametraxe "Sadako e as mil grullas de papel", e a partir dela, debatir sobre o seu argumento, investigar sobre Hiroshima, a II Guerra Mundial,...
- Ver un tutorial de origami para facer grúas e colocalas no lugar que queiramos do colexio (dentro e/ou no exterior) e así facer "mil grúas" como na lenda para que se cumplan os nosos desexos de paz e respecto no mundo. Na elaboración das grúas cada titoría poderá empregar os materiais e técnicas que considere, poderán facelas multicores, coas cores da arco da vella relacionándoas así con proxecto "Nenúfares", pódense escribir mensaxes de paz,....
- Tamén queremos facer partícipe a toda a comunidade educativa, polo que tamén invitamos ás familias a que se sumen e participen nesta actividade facendo grúas cos seus fillos e fillas na casa e traéndoas ao colexio.
Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración!!!