luns, 25 de abril de 2016

SEMANA DE CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Aínda que este ano o "Día do Libro" coincidiu nun día non lectivo, o equipo de biblioteca programou unha serie de actividades para desenvolver ao longo da semana do 25 ao 29 de abril durante a hora de ler, nas que conxugamos o día do libro coa obra de Manuel María, autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.

Esta é a nosa programación:


  • Luns 25: os nenos e nenas de 5º, que se encagan do clube de poesía, xunto con nenos e nenas de infantil, recitarán un fragmento do poema "O cuco" de Manuel María. 

  • Martes 26: os nenos e nenas de 4º recitarán poemas de Manuel María

  • Mércores 27: os nenos e nenas de 5º que teñen organizado un clube de teatro, farán unha representación de títeres.

  • Xoves 28: algúns nenos e nenas de 5º contarán contos de animais ao resto do alumnado.

  • Venres 29: terá lugar o apadriñamento lector. Actividade que consiste en que os nenos e nenas de 2º a 6º que o desexen leeranlle un conto aos nenonos de infantil e 1º de primaria, convertíndose así nos seus padriños e madriñas.


Queremos resaltar a iniciativa que tiveron os nenos/as dos distintos clubes que fan posible a organización desta semana, e dende aquí agradecemos a súa colaboración.

Para rematar ao longo da semana e ata final de curso tódalas familias que o desexen (despois de falar coa titora ou titor) poderán vir ás aulas e contarlle contos aos seus fillos e aos seus compañeiros.