Algunhas das actividades que fixemos foron:
- Dramatización dalgúns diálogos do libro:
- Ilustración de palabras que nos suxire o libro:
- Fixemos unha merenda na última sesión:
- Tamén fixemos faladoiros, intercambios de puntos de vista, suxerimos ideas de cómo podería seguir a historia, sobre o papel dos personaxes,... lecturas compartidas.
- E rematamos coa visita da autora para falar un pouco con nós sobre o libro, proxectos futuros,...
A nós encantounos a presenza de Leticia Vila Sexto e pensamos que a ela tamén lle agradou moito o momento que pasou con todos nós, MOITAS GRAZAS LETICIA!!!
E agora compartimos algunhas das impresións dalgúns dos nenos e nenas que participaron no clube de lectura:
A min este ano gustoume moito o club de lectura. O libro ao principio non me gustou nada, pero despois pareceume interesante. Cada vez que o leía quería ler outro capítulo, pero non se podía. O que máis me gustou foi cando Santi (que é o protagonista) podía falar cos animais porque a min encantaríame.
A profe que nos deu o clube de lectura propoñía moitas actividades para facer, por exemplo: Facer un mural coas palabras do libro,... o que máis me gustou foi ao final cando trouxo a comida, cando faciamos o mural e cando representamos os diálogos do libro.
A autora pareceume moi dulce e boa e creo que si se puxera a facer libros sería moi coñecida.
Carlota.
A min gustoume moito no clube de lectura o libro, a fascinante aventura e historia que se explica según vas lendo, os traballos que facemos,... e por suposto a merendola que comemos no último día. Pero o que menos me gustou foi facer unha pequena representación dos diálogos do libro. Aínda así pondríalle un 10 de puntuación.
Iria.
O día que mais me gustou foi cando escribimos nos papeis algo que tivera relación co libro e coa historia, porque estabamos todos nunha mesa escribindo e decorando palabras. O día que menos me gustou foi o día que lemos a noticia do xornal (era unha crítica sobre o libro). Gustar gustoume todo, pero si hai que elixir pois digo o que menos a noticia e o que mais decorar as palabras.
Espero ir outra vez ao club de lectura no seguinte trimestre.
Eva.
Unha das cousas que máis me gustou do clube de lectura foi cando fixemos a representación dun dos capítulos do libro. Tiven que representar a un escaravello que falaba con Santiago, o protagonista da historia.
O último día do clube de lectura estivemos dando a nosa opinión persoal sobre que nos pareceu o libro. Para min, o libro foi moi interesante e divertido. O final do libro foi moi fácil de adiviñar, porque cando falaron dos criados, xa me din conta que eran eles os que facían contrabando cos papagaios.
Outra das cousas que me gustou do clube de lectura foi a reunión coa escritora do libro. Estivo xenial poder coñecela e darlle a miña opinión sobre o libro.
Marco