Quen é Raúl? Un mestre galego que leva dende o ano 2012 traballando en Perú nunha escola en Pachacútec, na que leva a cabo actividades conxuntas con centros galegos que ademais de intercambiar correspondencia, compartir materiais,... editan conxuntamente a revista escolar "El Kaipacha".
Raúl contounos que en Perú hai moita pobreza, violencia e posiblemente sexa o país mais contaminado (na praia atópase moito lixo). Como curiosidade díxonos que Lima é a única cidade no mundo onde nunca chove!!!.
A lingua máis falada é o quechua, pero as tribus falan cento e pico idiomas diferentes!!! A comida típica é o cebiche e a parihuela, o instrumento máis típico é o caixón peruano e finalmente unha característica dos cans de raza peruana é que non teñen pelo.
Dende o Recanto de Honorata agradecemos a súa visitia e agardamos volver a velo pronto!!!
Aquí vos deixamos unhas fotos da súa visita e uns pequenos comentarios de nenos e nenas despois de asistir ás explicacións de Raúl.
O venres 19 de febreiro viu un profesor de Perú a falarnos dese lugar, o pobo onde vivían chámase Pachacutec.
En Pachacutec había moitos cans abandonados e as rúas estaban cheas de basura igual que as praias, eso pasa porque alí non hai contenedores e casi todo é area.
Noa Lampón Silva.
Hoxe á biblioteca veu un señor de Perú a falarnos do seu país. Contounos que Perú é un lugar con moita pobreza no que a xente se preocupa moito dos seus traballos, pois é algo que falta moito. Tamén nos dixo que a xente a súa maneira era feliz.
Despois estuvemos vendo fotos do seu país no ordenador, a que mais me sorprendeu foi unha na que aparecían uns cans que estaban nos ósos e intentaban buscar comida na basura, déronme moita pena os pobres animaliños.
Diego Ayaso Arnoso.
Hoxe veu Raúl que era un profesor que se foi a Perú. E contounos que alí falan castelán e teñen un problema cós cans. E é que ao non haber papeleiras os cans cómense a basura. E que alí hai moita propaganda.
Heitor Sampedro Suárez.
Onte veu un profesor de Perú. A escola estaba nun pobo, chamábase Pachacutec. O profesor naceu en Santiago.
En Pachacutec hai pelícanos, lobos mariños e un pobo pesqueiro. Está no Pacífico, hai casa de pobres e hai casas de ricos.
Juan Cadabal Campaña.
El viernes vino un señor a hablarnos de Perú.
Me gustó mucho, nos contó que había un cole en ruinas y necesitan ayuda para reconstruirlo, también nos contó que Perú está lleno de arena y que hacía mucho calor.
Nos contaba que tenían un problema con la comida ya que no tenían suficiente comida, los perros comen de la basura y se mueren.
Breixo Reiriz Pérez.