luns, 11 de xaneiro de 2016

PORTAL DAS PALABRAS

Comezamos o ano cunha proposta que desenvolveremos ao longo do curso, titulada: 


PORTAL DAS PALABRAS.

Cada mes vanse traballar palabras cunha temática específica. Arrancaremos o martes 12 de xaneiro con palabras relacionadas coa emigración por ser este o proxecto anual da biblioteca.



 Na porta de infantil está pegada a rata Honorata que será a encargada de presentar a palabra do día.




Nas portas de primaria están pegados dous portais, nun aparecerá a palabra do día en galego e noutro a palabra en inglés.

As palabras poranse  todas as mañás, e o alumnado deberá mirar todos os días as palabras (cando entran pola mañá ou despois do recreo), para logo traballalas na aula e poderase buscar o seu significado na páxina web do "Portal das palabras" (un dicionario en galego da fundación Barrié; na marxe esquerda do blogue podedes acceder a este recurso).