Dende hoxe contamos con dúas ferramentas novas, na columna esquerda do blogue, ás que podedes acceder cun simple clic.
- A primeira é o Portal das palabras: unha iniciativa para a modernización do traballo lexicográfico e a popularización do noso léxico, da man da RAG e da Fundación Barrié, xa que hai formas pedagóxicas e divertidas de levar o léxico e a lexicografía ás aulas. Neste senso educaBarrié proponnos actividades, guías e outros recursos para conseguir a máxima atención e implicación dos rapaces e rapazas.
- A segunda é o repositorio de recursos Tics Aguiño: no que atoparemos un montón de recursos seleccionados polo equipo TICS do noso cole.